gobernar

gobernar

(< lat gubernāre)

  1. v t
    1. Dirixir o funcionamento dunha colectividade, en especial un Estado, país ou institución, por medio de disposicións ou leis. Na tradición oral recóllense ditos como: “Non sabe gobernar o que non sabe negar. Non serve para gobernar o que non sabe mandar. Onde hai, calquera goberna”.

      Ex: Ganar as eleccións é unha cousa e gobernar outra.

      Sinónimos: administrar, rexer.
    2. Dirixir a conduta de alguén ou a marcha dalgunha cousa.

      Ex: Goberna a vida dos seus empregados coma se fosen os seus fillos.

    3. Organizar ou ocuparse dunha casa ou de algo similar.

      Ex: O rapaz da veciña goberna moi ben as cousas da casa.

  2. v t

    Arranxar algunha cousa que está derramada.

    Ex: Leva tres días de lacazán na casa e aínda non gobernou o coche.

    Sinónimos: amañar, reparar. Confrontacións: recompoñer, recompor.
  3. v t [MAR]

    Dirixir ou guiar co temón unha nave por un rumbo determinado. Pódese gobernar un barco manténdoo constantemente nunha dirección sinalada pola agulla naútica, tal acomo se fai en alta mar, ou ben tomando como referencia un punto fixo en terra.

  4. v i

    Ter o poder de administración ou o mando sobre algo.

    Ex: Antano gobernou en España un ditador.

  5. v pron

    Ser alguén capaz de facer algo por si só.

    Ex: Gobernouse moi ben cos enfermos para ser o seu primeiro día.

  6. v pron

    Prepararse alguén para pórse máis fermoso.

    Ex: Gobernouse moi ben con dous trapos para ir á festa.

  7. v pron

    Actuar segundo unha pauta de comportamento.

    Ex: Xa se goberna no seu posto dende que fixo as prácticas co seu pai.

Conxugar
VERBO gobernar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
goberno
gobernas
goberna
gobernamos
gobernades
gobernan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gobernaba
gobernabas
gobernaba
gobernabamos
gobernabades
gobernaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gobernei
gobernaches
gobernou
gobernamos
gobernastes
gobernaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gobernara
gobernaras
gobernara
gobernaramos
gobernarades
gobernaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gobernarei
gobernarás
gobernará
gobernaremos
gobernaredes
gobernarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gobernaría
gobernarías
gobernaría
gobernariamos
gobernariades
gobernarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
goberne
gobernes
goberne
gobernemos
gobernedes
gobernen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gobernase
gobernases
gobernase
gobernasemos
gobernasedes
gobernasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gobernar
gobernares
gobernar
gobernarmos
gobernardes
gobernaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
goberna
-
-
gobernade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
gobernar
gobernares
gobernar
gobernarmos
gobernardes
gobernaren
Xerundio gobernando
Participio gobernado
gobernada
gobernados
gobernadas