acompañamento

acompañamento

(< acompañar)

  1. s m

    Acción de acompañar.

  2. s m

    Persoa ou conxunto de persoas que acompañan a alguén ou algo.

    Ex: O féretro levaba un grande acompañamento, todo o mundo quería ó falecido.

    Sinónimos: comitiva, compaña, compañía, cortexo, séquito.
  3. s m [ARTE/ESPÉCT]

    Persoa ou grupo de persoas que figuran nunha representación teatral pero que non desempeñan ningún papel particular porque non falan nin interveñen na escena.

    Sinónimos: comparsa.
  4. s m [MÚS]

    Conxunto de sons que conforman a harmonía dunha melodía. Polo xeral pódense distribuír nunha ou varias voces.

  5. s m [BÉL]

    Escolta militar que acompaña e protexe con vehículos blindados a outros vehículos.

    Ex: O presidente e todo o seu acompañamento chegan ás 12:00 á embaixada paraguaia.

  6. s m [HERÁLD]

    Os emblemas, cifras e outros ornamentos externos dun escudo.

Palabras veciñas

acomodaticio -cia | acomodo | acompañado -da | acompañamento | acompañante | acompañar | acompasar