acompañar

acompañar

(< compaña)

  1. v t
    1. Estar ou ir con alguén para facerlle compañía, escoltalo, custodialo ou guialo.

      Ex: Acompañouna ata a casa porque tiña medo. Todos os días acompaña a Brais na súa longa convalecencia.

    2. Tomar parte nun acompañamento.

      Ex: Acompañaban o cadaleito unhas cen persoas.

    3. Participar no sentimento dunha persoa.

      Ex: Os veciños acompañárona no sentimento pola morte de seu avó.

  2. v t

    Ir ligada ou estar asociada unha cousa a outra, que pode considerarse como principal.

    Ex: O primeiro premio ía acompañado dunha cea de balde no mellor restaurante da cidade. Acompañei a solicitude co certificado de escolaridade.

    Sinónimos: achegar, achegar.
  3. v t

    Axudar ao movemento dunha cousa para que vaian xuntas ou para que se complementen.

    Ex: Acompaña a man do neno para que aprenda a escribir. O orador acompaña o seu discurso con esclarecedores acenos.

  4. v t

    Comer ou beber unha cousa con outra.

    Ex: No almorzo acompañei o café cunhas torradas de marmelada.

  5. v t [MÚS]

    Executar o acompañamento musical dunha peza.

    Ex: María cantaba e Xoán acompañábaa coa zanfona.

  6. v t [MAR]

    Escoltar un ou máis barcos de guerra a outros máis ou menos importantes, especialmente os navíos mercantes.

  7. v t [HERÁLD]

    Adornar con obxectos, imaxes ou figuras.

Palabras veciñas

acompañado -da | acompañamento | acompañante | acompañar | acompasar | Aconcagua | aconchado -da
Conxugar
VERBO acompañar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acompaño
acompañas
acompaña
acompañamos
acompañades
acompañan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acompañaba
acompañabas
acompañaba
acompañabamos
acompañabades
acompañaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acompañei
acompañaches
acompañou
acompañamos
acompañastes
acompañaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acompañara
acompañaras
acompañara
acompañaramos
acompañarades
acompañaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acompañarei
acompañarás
acompañará
acompañaremos
acompañaredes
acompañarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acompañaría
acompañarías
acompañaría
acompañariamos
acompañariades
acompañarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acompañe
acompañes
acompañe
acompañemos
acompañedes
acompañen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acompañase
acompañases
acompañase
acompañasemos
acompañasedes
acompañasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acompañar
acompañares
acompañar
acompañarmos
acompañardes
acompañaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
acompaña
-
-
acompañade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acompañar
acompañares
acompañar
acompañarmos
acompañardes
acompañaren
Xerundio acompañando
Participio acompañado
acompañada
acompañados
acompañadas