comitiva
comitiva
(
-
s
f
Grupo de persoas que acompañan a un personaxe importante ou a unha autoridade.
Sinónimos: acompañamento, cortexo, séquito. -
s
f
Conxunto de persoas reunidas para ir a algún lugar.
Sinónimos: cortexo, séquito. -
s
f
[HIST]
Grupo de homes ligados a un xefe guerreiro, príncipe ou señor territorial por un vínculo de clientela militar. A comitiva alcanzou un gran desenvolvemento entre os pobos xermánicos; moitos homes libres uníronse a un xefe militar ou a un nobre a cambio de protección, armamento e víveres. Esta institución perviviu nos reinos xermánicos como precedente do réxime feudal.