Comités de Curso

Comités de Curso

Grupos de estudiantes constituídos na Universidade de Santiago de Compostela a partir de 1973, ao abeiro do Movimiento Comunista de España (MCE) e da Liga Comunista Revolucionaria (LCR). O seu obxectivo era dinamizar os estudiantes a través de asembleas, folgas ou manifestacións, en coordinación coa loita obreira e antifranquista. Malia que lograron unha destacada presenza no eido universitario, as diferentes escisións (Comités de Estudiantes en Lucha -CEL-, Comités de Estudantes Anticapitalistas -CEA-), os cambios políticos que viviu Galicia durante a transición levaron á súa disolución cara a 1976.