cortexo

cortexo

(

  1. s m

    Acción e efecto de cortexar.

    Ex: O seu cortexo non é precisamente un modelo a seguir.

  2. s m

    Conxunto de persoas que acompaña a un persoeiro ou unha cerimonia.

    Ex: Axeonlláronse porque pasou o cortexo papal. Os familiares do falecido encabezaban o cortexo fúnebre.

    Sinónimos: acompañamento.
  3. s m [ZOOL]

    Sistema de comunicación animal que permite que os individuos dunha especie inicien as relacións necesarias para reproducirse. Consta dunhas pautas de comportamento (movementos, emisións sonoras, cheiros, etc) tan específicas que bloquean o acto reprodutor entre individuos de diferentes especies. As características dependen das súas adaptacións morfolóxicas, do contexto ambiental, das características do coidado parental e do conxunto de atributos sexuais secundarios adquiridos por algún dos sexos co obxecto de acadar un maior éxito reprodutivo. O cortexo permite a identificación e a atracción mutua dos individuos maduros sexualmente, de xeito que o macho e a femia cheguen, de forma sincrónica, ao clímax sexual, feito relevante nas especies de fecundación externa. Tamén pode contribuír ao establecemento e continuidade dunhas relacións estables nas especies nas que os dous sexos participan no coidado da descendencia.