compaña
(
-
s
f
Acción e efecto de acompañar. Na tradición recóllense ditos como: “Compaña, coa muller; i iso inda o hai que ver. Compaña de malos veciños, poucos e mal avidos. Compaña de tres, mala é. Compaña de un, compaña de ningún. Da mala compaña fuxe; e gárdate do ruxe-ruxe. De malas compañas, moitos perigos manan”.
Ex: A todos nos gusta a súa compaña.
Sinónimos: compañía. -
s
f
Circunstancia de ir acompañado a algún lugar ou de estar acompañado.
Ex: Acudiu á festa en compaña de seu avó.
Sinónimos: compañía. -
s
f
Aquilo ou aquel que acompaña.
Ex: Os nosos fillos xa non viven na casa e os cans son a nosa única compaña.
Sinónimos: acompañamento, compañía. -
s
f
Conxunto de persoas.
Ex: O balbordo formábao unha compaña de estudiantes que celebraban a fin do curso.
Sinónimos: compañía. -
compaña florística
[ECOL]
Conxunto de especies vexetais que forman parte da mesma comunidade caracterizada por unha ou varias especies predominantes de árbores ou, nalgúns casos, arbustos. É froito da historia bioxeográfica da comunidade; por exemplo, no caso das carballeiras a compaña florística dos carballos está constituída, entre outros, por cancereixos, estripeiros, acivros, sabugueiros, abeleiras e anémonas. As masas forestais de repoboacións non adoitan presentar ningún tipo de compaña florística propia.
-
Santa Compaña
[ETN]
Procesión de almas en pena que saen do adro arredor das doce da noite e que percorren os camiños da parroquia. Como en todas as procesións, vai á cabeza da comitiva unha persoa coa cruz que leva tamén un recipiente de auga bendita co correspondente hisopo. É unha persoa viva que non pode mirar o cortexo de almas, nin revelar nada do que ve. Debido a este labor nocturno e ao contacto cos mortos, a persoa enfraquece, colle mala cor e perde a saúde. Para librarse, ten que pasarlle a cruz e a auga bendita a alguén que atope polo camiño durante a marcha. Esta crenza non é exclusiva de Galicia e conservouse tamén en Asturias e noutras partes de Península; mesmo chegou a existir noutros países europeos. A Compaña está formada por defuntos, pero non todos os que se lles aparecen aos vivos forman parte da mesma. Están, por exemplo, os aparecidos solitarios e os condenados que piden que lles rachen o hábito. A crenza na aparición dos mortos existiu na Antigüidade e en todas as culturas; cumpre a función de crear un mundo intermedio entre os vivos e os mortos para negar a morte como final da existencia. A Compaña é, neste sentido, unha crenza ben lograda porque nela participa, cos defuntos, un vivo, co que se logra un contacto moi intenso entre os dous mundos. Nunha das súas múltiples facetas tamén anuncia a morte. O vidente presenza con antelación o enterro ou o acompañamento do Viático que días ou horas despois visitará o moribundo. De aí algúns dos nomes locais da Compaña: cita, os sacramentos, pantalla e semuldanza; estes dous últimos termos parecen subliñar a idea de representación ou figuración do futuro enterro. Outro dos aspectos ten que ver coa purificación dos pecados. A xente cre que poucas persoas van directamente ao Ceo ou ao Inferno. A maioría necesita purificarse no Purgatorio. Este terceiro estado foi creado no s XII, momento no que xurdiu unha terceira clase, a clase media urbana, que reforza o protagonismo dos individuos e, en consonancia, o que crea un sistema penal e de castigo polos pecados máis complexos, nos que conta de forma decisiva a intención e a vontade. Xa dende o principio coexistiron dúas maneiras de concibir o Purgatorio: un lugar no Outro Mundo semellante ao Inferno, pero só temporal porque as impurezas que deben arder son finitas; e a purificación neste mundo por medio de actos penitenciais entre os que sobresae o camiñar. Os vivos fan penitencia camiñando cara aos santuarios; os defuntos purgan as súas penas camiñando de noite pola parroquia. En realidade, pois, a Compaña non é senón unha das dúas formas nas que a tradición católica concibe o Purgatorio. Os mortos son romeiros que han de purificarse para chegar limpos ao santuario. De aí esa constante relación entre aparecidos e romaxes, que se resume no coñecido dito: “A San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo”. O que morre sen facer penitencia neste mundo ten que facela no Alén; ou sexa, terá que sufrir un purgatorio. Algúns dos nomes locais da Compaña destacan este aspecto penitencial: procesión das ánimas, rolda e roldiña. Especialmente significativo é o nome de peregrina. Ás veces estas almas que roldan de noite aparécense, como as que peregrinan a Santo André de Teixido, en forma animal: raposa, cabra, etc. Son sempre animais inmundos ou impuros, os mesmos que están asociados co Mal, e simbolizan neste contexto o estado de impureza do defunto. Nalgunhas historias, os membros da Compaña arrastran cadeas ou son coxos. A coxeira e demais defectos físicos -coma no Demo- simbolizan os defectos morais; neste caso, os pecados polos que o defunto anda penando. As cadeas, porque llelas poñían aos presos, pasaron a simbolizar as penas morais e por iso lévanas os penitentes, os romeiros e, como non, as almas que penan neste mundo. En Xavestre chámanlle ferranchada, nome que probablemente fai referencia ás cadeas de ferro. A Compaña, como todo o relacionado coa morte, pertence ao mundo do Mal. Os cadáveres provocan impureza e mal de aire. As embarazadas e os nenos non están presentes no enterro para evitar o mal de aire e nalgunhas parroquias aínda se conserva o costume de purificarse con lume despois de asistir a un enterro. Varios nomes locais fan referencia á súa vinculación co Mal. Nalgúns lugares chámanlle hoste, que procede do latín hoste, que significa ‘inimigo’ e ‘hoste, exército’; estantiga, estantigua e estandiga proceden de hoste antiga. O adxectivo “antigo” aplícase ao Mal porque significa vellez e corrupción. O Demo é a serpe antiga. Para defenderse da Compaña, como dos aparecidos en xeral, os vivos empregan a cruz, os obxectos benditos, o pan, o círculo, os allos e as demais armas simbólicas coas que combaten calquera manifestación do Mal. As defensas simbólicas na tradición europea están formadas por dous grandes grupos: por un lado, as cousas sagradas e, polo outro, as armas, especialmente as que lles serven de defensa a animais e plantas e que, por esta razón, se converten en armas simbólicas. No primeiro grupo están a cruz, a auga bendita, o pan -que representa o pan eucarístico-, etc. No segundo grupo están o círculo -que é unha muralla simbólica-, os cornos, os dentes, etc -que son armas coas que se defenden os animais.
Refráns
- A estopa onda o lume, acéndea o demo.
- A formiga tamén quere a súa compañía.
- A neve onda o fogo derrétese logo.
- A que con mel trata, algo se lle pega.
- A vaca que non come cos bois ou comeu antes ou come despois.
- Achégate aos bos e serás un deles.
- Achégate aos bos, se é que queres ser un deles.
- Achégate aos malos e serás un de tantos.
- Axuntar ouro con lama deixa as mans lixadas.
- Axúntate aos bos e serás un deles.
- Ben louco será o que con loucos se xunta e o que de loucos se fíe.
- Burro sexa, quen con burro leirea.
- Cada ovella coa súa parella / ca seu fato.
- Cada ovella quere a súa parella.
- Cada pardal ca seu igual.
- Canto máis se desvía o año, dá máis grande topeñazo.
- Chégate aos bos e serás un deles.
- Comida feita, compaña desfeita.
- Compaña de tres mala é.
- Compaña de un, compaña de ningún.
- Compaña, coa muller; e iso inda o hai que ver.
- Con quen paces e non con que n naces.
- Da mala. compaña fuxe e gárdate do ruxe ruxe.
- Das malas compañas moitos perigos manan.
- De persoa trapalleira fuxe á carreira.
- Dime con que n vas e direiche o que farás.
- Dime con quen andas e direiche as túas mañas.
- Dime con quen andas e direiche o que falabas.
- Dime con quen andas e direiche quen es.
- Dime con quen irás e direiche o que farás.
- Dime con quen tratas e direiche quen es e que costumes tes.
- Dime con quen vas e direiche a onde irás.
- Dime con quen vas e direiche o que falarás.
- Dime con quen vas, direiche a onde irás.
- Dime con quen ves e direiche as mañas que tes.
- Duro con duro endexamais fixo bo muro.
- Eu duro e ti duro ¿quen levará o maduro?
- Máis vale soilo que mal acompañado.
- Mal lle vai á cabezalla, cando a chavella se perde.
- Mentres estou coa nai, non estou coa fina.
- Non hai ola sen testo.
- Non te arrimes aos señores nin ás varan das dos corredores.
- O bo compañeiro fai o camiño máis lixeiro / fai a traballa máis lixeiro.
- O diñeiro sempre foi o mellar compañeiro.
- O que con rapaces se deita, lixado se ergue / sae.
- O que é bo abade fai bo do mal sancristán.
- O que entre lobos se mete, gandido sae.
- O que se deita con cans, érguese con pulgas.
- Onde paces e non ande naces.
- Onde vai a corda que vaia o caldeiro.
- Onde vai a fouce, vaia a mango.
- Palla ao palleiro, galiñas ao galiñeiro.
- Palla ao palleiro, vellas ao fiadeiro.
- Perdido é que n con perdidos anda.
- Polos TUíns pérdense os bos.
- Quen ca demo anda, ca demo acaba.
- Quen con lobos anda, a oubear aprende.
- Quen con nenas se deita, cagado se ergue.
- Quen con rapaces se deita, cheira.
- Quen con rapaces se deita, lixado se ergue.
- Se o lume está a be ira da estopa, lago o trasno asopra.
- Ser bo entre os malos é moito traballo.
- Tal para cal, Pedro para Xan.
- Tales amigos temas, tal vida facemos.
- Un bo romeiro quere un bo compañeiro.
- Un louco fai un cento.
- Un mal romeiro non quere outro por compañeiro.
- Un só non é ninguén pero dous xa son alguén.
- Vai un louco por ande vai outro.