Compañeiro!
Compañeiro!
Publicación que saíu en 1976 nas Pontes de García Rodríguez co subtítulo de “Voceiro do Sindicato Obreiro Galego, S.O.G.”. No seu primeiro editorial afirmaban o seu carácter de voceiro dos traballadores das Pontes, no que tanto estes coma as agrupacións que os representaban chamaban a atención sobre os principais problemas do sector. Compúñase principalmente de artigos de denuncia ou de apoio a Galicia ou á súa lingua.