acomodar

acomodar

(

  1. v t

    Dispoñer algunha cousa ou persoa de forma cómoda ou conveniente.

    Ex: Non puido acomodar a súa familia no seu apartamento porque era moi pequeno.

  2. v t

    Poñer en orde.

    Ex: Acomodou os libros no faiado da casa.

    Sinónimos: arrombar, colocar. Antónimos: descolocar.
  3. v t

    Poñer algo en consonancia con certas circunstancias ou obxectivos.

    Ex: Acomodou as súas palabras ó entendemento dos rapaces.

    Sinónimos: adaptar, adecuar, axustar.
  4. v pron

    Adaptarse a unha situación, lugar ou espacio.

    Ex: Ó entrar nas covas acomodámonos deseguido á escuridade.

  5. v pron

    Colocarse alguén de xeito cómodo.

    Ex: Ó chegar á miña casa acomodeime no sofá e quedei durmida lendo un libro.

  6. v pron

    Adaptarse algo ou alguén a circunstancias concretas.

    Ex: A proposta non se acomoda ó noso gusto e non aceptamos as condicións.

Frases feitas

  • Acomodar o gando. En sentido figurado, refírese ao traballo que hai que realizar.

  • Acomodarlle de facer algo. Vir ben.

  • Acomodarse aos tempos. Aceptar novos costumes e formas de actuar ou pensar.

Conxugar
VERBO acomodar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acomodo
acomodas
acomoda
acomodamos
acomodades
acomodan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acomodaba
acomodabas
acomodaba
acomodabamos
acomodabades
acomodaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acomodei
acomodaches
acomodou
acomodamos
acomodastes
acomodaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acomodara
acomodaras
acomodara
acomodaramos
acomodarades
acomodaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acomodarei
acomodarás
acomodará
acomodaremos
acomodaredes
acomodarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acomodaría
acomodarías
acomodaría
acomodariamos
acomodariades
acomodarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acomode
acomodes
acomode
acomodemos
acomodedes
acomoden
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acomodase
acomodases
acomodase
acomodasemos
acomodasedes
acomodasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acomodar
acomodares
acomodar
acomodarmos
acomodardes
acomodaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
acomoda
-
-
acomodade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acomodar
acomodares
acomodar
acomodarmos
acomodardes
acomodaren
Xerundio acomodando
Participio acomodado
acomodada
acomodados
acomodadas