axustar

axustar

(

  1. v t

    Poñer unha cousa na proporción axeitada con respecto doutra, para que se adapte a ela, se encaixe ou se acomode.

    Ex: Axustou o chapeu á cabeza para que non lle caese.

    Sinónimos: adaptar. Antónimos: desaxustar.
  2. v t

    Facer que algunha cousa estea en harmonía con outra.

    Ex: Procura axustar o tempo que tes antes do exame para preparalo ben.

    Sinónimos: acomodar, adaptar. Confrontacións: adecuar.
  3. v t

    Dar forma a algunha cousa como aquilo que lle é xusto, como unha norma determinada para que concorde ou se corresponda con outra.

    Ex: Axustou a música á letra da canción que compuxo.

  4. v t

    Colocar algunha cousa co fin de que o seu funcionamento sexa correcto.

    Ex: Axusta a radio, que se oe mal.

    Antónimos: desaxustar.
  5. v t

    Facer cesar as diverxencias á vista dun trato calquera, do pagamento dunha conta, dun salario ou dun acordo económico parecido.

    Ex: Axustamos o prezo do coche e creo que xa me chegan os cartos.

  6. v t

    Concertar as condicións dun contrato, dunha transacción ou acordo semellante.

    Ex: Quixeron axustar as condicións da obra antes de comezala.

  7. v i e pron

    Ter algunha cousa o tamaño ou a medida precisa para concordar con outra.

    Ex: Aínda que a tampa da ola non é a orixinal axústase ben. Merqueille un anel pero non se lle axustaba ben. Aquela porta non axusta ben.

    Sinónimos: encaixar.
  8. v pron

    Corresponder unha cousa con outra ou poñerse en harmonía.

    Ex: A cantidade de tempo que traballas non se axusta ó que gañas.

  9. v pron

    Adaptarse aos recursos, regras ou medios dos que se dispón para facer algo.

    Ex: Os novos condutores teñen dificultades para axustarse ó carril.

  10. v t [INFORM]

    Adaptar as opcións dunha aplicación ou dun equipo informático para que funcione de xeito correcto e conforme aos desexos ou necesidades establecidas.

  11. v t [TECNOL]

    Dar a unha ou máis pezas as dimensións definitivas para que realicen correctamente as súas funcións cando sexan montadas.

  12. v t [TÉXT]
    1. Facer e poñer unha cousa de modo que case e veña xusta con outra.

      Sinónimos: entallar.
    2. Fixar unha cousa respecto doutra, de tal xeito que non haxa ocos entre elas ou que non ocupe o lugar ou parte da outra que lle corresponde.

    3. Vir xusto ou cinguido.

  13. axustar a paz [DER]

    Estipular un acordo entre estados belixerantes para poñer fin ao estado de guerra e ás hostilidades, no caso de que este acordo non fose acadado anteriormente en virtude dun armisticio ou dunha rendición incondicional.

Frases feitas

  • Axustarlle as contas a alguén. Saldar contas ou darlle o que merece. SIN: vingarse.

Palabras veciñas

axustable | axustado -da | axustador -ra | axustar | axuste | axustizado -da | axustizamento
Conxugar
VERBO axustar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axusto
axustas
axusta
axustamos
axustades
axustan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axustaba
axustabas
axustaba
axustabamos
axustabades
axustaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axustei
axustaches
axustou
axustamos
axustastes
axustaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axustara
axustaras
axustara
axustaramos
axustarades
axustaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axustarei
axustarás
axustará
axustaremos
axustaredes
axustarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axustaría
axustarías
axustaría
axustariamos
axustariades
axustarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axuste
axustes
axuste
axustemos
axustedes
axusten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axustase
axustases
axustase
axustasemos
axustasedes
axustasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axustar
axustares
axustar
axustarmos
axustardes
axustaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
axusta
-
-
axustade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axustar
axustares
axustar
axustarmos
axustardes
axustaren
Xerundio axustando
Participio axustado
axustada
axustados
axustadas