axustar
(
-
v t
Poñer unha cousa na proporción axeitada con respecto doutra, para que se adapte a ela, se encaixe ou se acomode.
Ex: Axustou o chapeu á cabeza para que non lle caese.
Sinónimos: adaptar. Antónimos: desaxustar. -
v t
Facer que algunha cousa estea en harmonía con outra.
Ex: Procura axustar o tempo que tes antes do exame para preparalo ben.
Sinónimos: acomodar, adaptar. Confrontacións: adecuar. -
v t
Dar forma a algunha cousa como aquilo que lle é xusto, como unha norma determinada para que concorde ou se corresponda con outra.
Ex: Axustou a música á letra da canción que compuxo.
-
v t
Colocar algunha cousa co fin de que o seu funcionamento sexa correcto.
Ex: Axusta a radio, que se oe mal.
Antónimos: desaxustar. -
v t
Facer cesar as diverxencias á vista dun trato calquera, do pagamento dunha conta, dun salario ou dun acordo económico parecido.
Ex: Axustamos o prezo do coche e creo que xa me chegan os cartos.
-
v t
Concertar as condicións dun contrato, dunha transacción ou acordo semellante.
Ex: Quixeron axustar as condicións da obra antes de comezala.
-
v i e pron
Ter algunha cousa o tamaño ou a medida precisa para concordar con outra.
Ex: Aínda que a tampa da ola non é a orixinal axústase ben. Merqueille un anel pero non se lle axustaba ben. Aquela porta non axusta ben.
Sinónimos: encaixar. -
v pron
Corresponder unha cousa con outra ou poñerse en harmonía.
Ex: A cantidade de tempo que traballas non se axusta ó que gañas.
-
v pron
Adaptarse aos recursos, regras ou medios dos que se dispón para facer algo.
Ex: Os novos condutores teñen dificultades para axustarse ó carril.
-
v t
[INFORM]
Adaptar as opcións dunha aplicación ou dun equipo informático para que funcione de xeito correcto e conforme aos desexos ou necesidades establecidas.
-
v t
[TECNOL]
Dar a unha ou máis pezas as dimensións definitivas para que realicen correctamente as súas funcións cando sexan montadas.
-
v t
[TÉXT]
-
Facer e poñer unha cousa de modo que case e veña xusta con outra.
Sinónimos: entallar. -
Fixar unha cousa respecto doutra, de tal xeito que non haxa ocos entre elas ou que non ocupe o lugar ou parte da outra que lle corresponde.
-
Vir xusto ou cinguido.
-
-
axustar a paz
[DER]
Estipular un acordo entre estados belixerantes para poñer fin ao estado de guerra e ás hostilidades, no caso de que este acordo non fose acadado anteriormente en virtude dun armisticio ou dunha rendición incondicional.
Frases feitas
-
Axustarlle as contas a alguén. Saldar contas ou darlle o que merece. SIN: vingarse.
Palabras veciñas
axustable | axustado -da | axustador -ra | axustar | axuste | axustizado -da | axustizamentoIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axusto
axustas
axusta
axustamos
axustades
axustan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axustaba
axustabas
axustaba
axustabamos
axustabades
axustaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axustei
axustaches
axustou
axustamos
axustastes
axustaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axustara
axustaras
axustara
axustaramos
axustarades
axustaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axustarei
axustarás
axustará
axustaremos
axustaredes
axustarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axustaría
axustarías
axustaría
axustariamos
axustariades
axustarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axuste
axustes
axuste
axustemos
axustedes
axusten
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axustase
axustases
axustase
axustasemos
axustasedes
axustasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axustar
axustares
axustar
axustarmos
axustardes
axustaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
axusta
-
-
axustade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axustar
axustares
axustar
axustarmos
axustardes
axustaren
axustada
axustados
axustadas