axustado -da
axustado -da
(< axustar)
-
p reg
de axustar.
-
adx
Que se axusta ou encaixa sen sobrar nada.
Ex: A peza ten que estar ben axustada para que encaixe correctamente.
-
adx
Que se axusta a unhas condicións pactadas con anterioridade.
Ex: Asinamos un acordo axustado ó compromiso xa formalizado.
-
adx
Que rodea algunha cousa apertándoa.
Ex: Levaba un pantalón moi axustado. Ten un vestido axustado que lle marca moito as cadeiras.
-
adx
Que se corresponde ou está en harmonía con algunha cousa expresa.
Ex: Os nenos precisan xoguetes axustados ás súas idades.
-
s
m
Acción e efecto de axustar ou axustarse.
Ex: O axustado do televisor é automático.
Sinónimos: axuste.