axustador -ra

axustador -ra

(< axustar)

  1. adx

    Que axusta ou que ten a propiedade de axustar.

  2. s [OFIC]

    Operario que, por medio de ferramentas, manuais principalmente, é capaz de axustar ou de construír pezas mecánicas.

  3. s m [TÉXT]
    1. Peza de roupa feminina que serve para suxeitar, cinguir e levantar os peitos.

    2. Xustillo, especie de xibón que se axusta ou cingue ao corpo.

  4. axustador de carga [AERON]

    Regra de cálculo especial. Utilízase no cómputo das forzas que actúan sobre unha aeronave.

Palabras veciñas

axuntar | axustable | axustado -da | axustador -ra | axustar | axuste | axustizado -da