axuntar
(< a- + xuntar)
-
v t
Poñer xuntas dúas ou máis cousas ou persoas de xeito que formen parte do mesmo conxunto, que queden moi próximas ou que se toquen.
Ex: Axunta as cadeiras e caberemos mellor. Se axuntamos as protestas de todos os veciños, seguramente nos farán máis caso no concello.
Sinónimos: achegar, agrupar, arrimar, reunir, xuntar, achegar. -
v t
Facer que dúas ou máis persoas ou animais vaian a un mesmo lugar e se agrupen.
Ex: Non dei axuntado as ovellas.
Sinónimos: xuntar. Antónimos: separar. -
v t
Reunir unha certa cantidade de cousas para formar un conxunto.
Ex: A súa afección dende pequeno é axuntar cómics.
Sinónimos: unir. -
v t
Provocar que dous ou máis sucesos coincidan no tempo.
Ex: Non precisamos axuntar demasiados gastos no mesmo mes.
Sinónimos: xuntar. Antónimos: separar. -
v t
Presentar un ou varios documentos xunto con outros para complementar esa documentación.
Ex: Para presentar os papeis no concello debes axuntar unha fotocopia do DNI.
Sinónimos: achegar, acompañar, xuntar, achegar. -
v pron
Dirixirse a un determinado lugar para conformar un grupo.
Ex: Quedamos en axuntarnos despois de xantar na casa do Antón. Axuntáronse todos os propietarios para solicitar unha rede de sumidoiros.
-
v pron
Convivir dúas persoas sen estaren unidas matrimonialmente.
Ex: Agora os mozos axúntanse, xa case ninguén casa.
-
v pron
Achegarse ao mesmo sitio dúas ou máis cousas formando un conxunto.
Ex: O río axúntase ao mar na ría.
-
v pron
Coincidir no tempo dous ou máis sucesos.
Ex: Axuntáronselles o bautizo do neto e a voda da filla.
Sinónimos: xuntar. Antónimos: separar. -
v pron
Unirse varias persoas ou cousas independentes para formar parte dun mesmo grupo ou conxunto.
Ex: Coa nova fusión axuntáronse dous poderosos bancos.
Palabras veciñas
axuntado -da | axuntamento | Axuntamentos de Galicia | axuntar | axustable | axustado -da | axustador -raIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axunto
axuntas
axunta
axuntamos
axuntades
axuntan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axuntaba
axuntabas
axuntaba
axuntabamos
axuntabades
axuntaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axuntei
axuntaches
axuntou
axuntamos
axuntastes
axuntaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axuntara
axuntaras
axuntara
axuntaramos
axuntarades
axuntaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axuntarei
axuntarás
axuntará
axuntaremos
axuntaredes
axuntarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axuntaría
axuntarías
axuntaría
axuntariamos
axuntariades
axuntarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axunte
axuntes
axunte
axuntemos
axuntedes
axunten
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axuntase
axuntases
axuntase
axuntasemos
axuntasedes
axuntasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axuntar
axuntares
axuntar
axuntarmos
axuntardes
axuntaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
axunta
-
-
axuntade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles axuntar
axuntares
axuntar
axuntarmos
axuntardes
axuntaren
axuntada
axuntados
axuntadas