arrimar
(< ingl ant rimen ‘arranxar’)
-
v t
Aproximar unha cousa a outra ou a unha persoa.
Ex: Arrima o prato a ti para comer mellor.
Sinónimos: acercar, achegar, aconchegar, achegar. Antónimos: arredar. Confrontacións: abeirar. -
v t
Pór unha cousa contra outra.
Ex: Arrimou o corpo á parede.
Sinónimos: apoiar, pegar, xuntar, pegar. Antónimos: desarrimar. -
v pron
Pórse máis preto de algo ou de alguén.
Ex: Os mozos arrimáronse para protexerse do frío.
-
v pron
Aproximarse a unha cousa para apoiarse ou sosterse.
Ex: Arrímate á mampara, non vaia caer ó quitarlle o peso.
-
v pron
Procurar a protección ou o apoio de alguén.
Ex: Para medrar arrimouse ós poderosos.
-
v pron
Afectar unha enfermidade a unha parte do corpo.
Ex: O mal arrimóuselle contra o peito.
-
v pron
Establecer unha relación estable de parella sen estar legalizada.
Ex: Eu non penso casar, eu arrímome.
-
v
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘achegar’.
-
s
m
Construción rústica pegada á casa con paredes e tellado ou só tellado, na que se gardan os apeiros, a ferramenta, o carro, etc.
Sinónimos: amparo, protección, amparo. -
Apoio dunha persoa.
Frases feitas
-
Arrimar o ombro. Axudar nun traballo. Ex: Para acabar a tarefa esta tarde, todos temos que arrimar o ombro.
-
Arrimarlle por alí a un. Obsesionarse cun asunto. Ex: Agora arrimoulle por alí e vai todos os días buscar setas.
-
Arrimar (unha muller) os cans ás paredes. Dise dunha muller con carácter. Ex: Ten un xenio que arrima os cans ás paredes.
Formas incorrectas
adosarPalabras veciñas
arrimadizo -za | arrimado -da | arrimadora | arrimar | arrincada | arrincadeira | arrincarIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles arrimo
arrimas
arrima
arrimamos
arrimades
arriman
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles arrimaba
arrimabas
arrimaba
arrimabamos
arrimabades
arrimaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles arrimei
arrimaches
arrimou
arrimamos
arrimastes
arrimaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles arrimara
arrimaras
arrimara
arrimaramos
arrimarades
arrimaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles arrimarei
arrimarás
arrimará
arrimaremos
arrimaredes
arrimarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles arrimaría
arrimarías
arrimaría
arrimariamos
arrimariades
arrimarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles arrime
arrimes
arrime
arrimemos
arrimedes
arrimen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles arrimase
arrimases
arrimase
arrimasemos
arrimasedes
arrimasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles arrimar
arrimares
arrimar
arrimarmos
arrimardes
arrimaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
arrima
-
-
arrimade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles arrimar
arrimares
arrimar
arrimarmos
arrimardes
arrimaren
arrimada
arrimados
arrimadas