arredar

arredar

(< lat * adretare < ad + retro ‘atrás’)

  1. v t

    Desprazar ou facer ir cara atrás.

    Ex: Cando ía largarme daquel sitio, o descaradura agarroume polo gabán e arredoume da porta.

    Sinónimos: recuar.
  2. v t

    Separar ou poñer lonxe algo ou alguén dun sitio.

    Ex: Ariel arreda o coche da porta da súa casa.

    Sinónimos: afastar, apartar, distanciar, separar. Antónimos: acaroar, acercar, achegar, aconchegar, arrimar, achegar.
  3. v t

    Separar algo ou alguén dun posible perigo.

    Ex: Arreda a manta da estufa que pode provocar un incendio. Arrédate de Brais, non é boa compaña para ti.

  4. v t

    Botar para atrás a causa dun temor.

    Ex: As chamas do incendio arredaron os bombeiros.

    Confrontacións: atemorizar.
  5. v t

    Separar a alguén ou algo do trato con outros, desaparecendo a relación que existía antes entre eles.

    Ex: Arredaron a Fernando da presidencia porque non cumpría coas súas funcións.

    Sinónimos: afastar, apartar.
  6. v t

    Facer renunciar a seguir adiante con algo que acaba de iniciarse ou que se vai iniciar nun futuro.

    Ex: O arquitecto arredouno do proxecto de edificación.

    Sinónimos: desistir, recuar.
  7. v i

    Moverse cara atrás.

    Ex: Como non arredes do lume, vaste queimar a roupa.

    Sinónimos: recuar, retroceder.
  8. v pron

    Pórse alguén a unha certa distancia dalgún sitio.

    Ex: Arredáronse da porta porque entraba o frío.

  9. v pron

    Abandonar alguén un proxecto ou idea por temor.

    Ex: Iria non se arreda ante nada.

  10. v i e pron

    Separarse alguén ou algo do trato con outros, desaparecendo a relación que existía antes entre eles. OBS: Acostuma ir seguido da preposición de.

    Ex: Arrédate dos teus amigos, non son de fiar.

Palabras veciñas

arrecunchar | arredado -da | arredamento | arredar | arredismo | arredista | arredondado -da
Conxugar
VERBO arredar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arredo
arredas
arreda
arredamos
arredades
arredan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arredaba
arredabas
arredaba
arredabamos
arredabades
arredaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arredei
arredaches
arredou
arredamos
arredastes
arredaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arredara
arredaras
arredara
arredaramos
arredarades
arredaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arredarei
arredarás
arredará
arredaremos
arredaredes
arredarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arredaría
arredarías
arredaría
arredariamos
arredariades
arredarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrede
arredes
arrede
arredemos
arrededes
arreden
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arredase
arredases
arredase
arredasemos
arredasedes
arredasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arredar
arredares
arredar
arredarmos
arredardes
arredaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
arreda
-
-
arredade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arredar
arredares
arredar
arredarmos
arredardes
arredaren
Xerundio arredando
Participio arredado
arredada
arredados
arredadas