separar

separar

(

  1. v t

    Pór unha persoa ou cousa que está tocando a outra de forma que non se toquen.

    Ex: Separou a cadeira da parede.

    Sinónimos: afastar, apartar, arredar.
  2. v t

    Colocar lonxe ou máis lonxe unha persoa ou cousa doutra.

    Ex: Separou o teclado do ordenador para estar máis cómodo.

  3. v t

    Facer que dúas persoas ou animais deixen de pelexar.

    Ex: Se non os separo mátanse.

  4. v t

    Determinar os límites espaciais de algo.

    Ex: Separou a cociña do salón cunha parede.

  5. v t

    Destituír a alguén do cargo que exercía.

    Ex: Separaron a Miguel da dirección da empresa.

  6. v t

    Saber diferenciar claramente varias cousas.

    Ex: Separou o traballo da familia.

    Sinónimos: deslindar, destinguir.
  7. v pron

    Deixar de estar en contacto físico con algo ou algúen.

    Ex: Sepárate do coche que te vas manchar.

  8. v pron

    Porse lonxe ou máis lonxe.

    Ex: Sepárate máis para que non te molle.

  9. v pron

    Deixar de vivir xuntos os esposos ou dúas persoas que mantiñan unha relación amorosa.

    Ex: Despois de vinte anos xuntos separáronse.

  10. v pron

    Deixar de pertencer a un grupo ou de ter relacións profesionais.

    Ex: Separouse da asociación.

Palabras veciñas

separación | separado -da | separador -ra | separar | separata | separatismo | separatista
Conxugar
VERBO separar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
separo
separas
separa
separamos
separades
separan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
separaba
separabas
separaba
separabamos
separabades
separaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
separei
separaches
separou
separamos
separastes
separaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
separara
separaras
separara
separaramos
separarades
separaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
separarei
separarás
separará
separaremos
separaredes
separarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
separaría
separarías
separaría
separariamos
separariades
separarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
separe
separes
separe
separemos
separedes
separen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
separase
separases
separase
separasemos
separasedes
separasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
separar
separares
separar
separarmos
separardes
separaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
separa
-
-
separade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
separar
separares
separar
separarmos
separardes
separaren
Xerundio separando
Participio separado
separada
separados
separadas