separatismo

separatismo

(

s m [POLÍT]

ontade dun grupo humano, localizado xeograficamente e que ten unha real ou suposta personalidade rexional ou, máis a miúdo, nacional, de separarse do estado do que forma parte para constituír, en exercicio do dereito dos pobos á autodeterminación, un novo estado independente e plenamente soberano. Non foi obxecto de definición xurídica e non figura dentro das materias tratadas en dereito internacional ou nas relacións internacionais, feito que fixo que a miúdo fose manipulada conceptualmente. Maniféstase sobre todo como fase inicial ou aspiración última e máxima da maioría dos movementos nacionalistas europeos contemporáneos.

Palabras veciñas

separador -ra | separar | separata | separatismo | separatista | Sepeira | sepia