separación
(< lat separatĭōne)
-
-
s
f
Acción e efecto de separar ou separarse.
-
separación conxugal
[DER]
Suspensión da vida conxugal sen ruptura do vínculo, denominada tamén divorcio imperfecto ou non vincular. Unha vez declarada, impide volver a contraer matrimonio. A acción procesual é demandada persoalmente pola parte prexudicada aos tribunais eclesiásticos diocesanos (Primeira Instancia), metropolitanos (Segunda Instancia) ou ao Tribunal da Rota Romana. O Código Civil admítea cando a demandan conxuntamente os dous cónxuxes; un só co consentimento do outro, ou nos casos de abandono inxustificado do fogar, infidelidade conxugal, violación grave e reiterada dos deberes conxugais ou cara aos fillos, por alcoholismo, toxicomanía ou perturbación mental; e condena en sentenza firme por atentado contra a vida do cónxuxe ou dos seus descendentes ou ascendentes.
-
separación de bens
[DER]
Réxime económico matrimonial en que cada cónxuxe conserva a propiedade de todos os seus bens, así como a administración e o gozo dos mesmos con total independencia.
-
separación de poderes
[DER]
Declaración formal perante notario ou xuíz pola que o apoderado cesa nas súas funcións á aquela persoa que o representa.
-
separación do servizo /
[DER/BÉL]
Pena aplicable a membros do exército que consiste no despedimento e na privación do seu cargo por sentenza de consello de guerra. De carácter permanente, só permite a rehabilitación en virtude dunha lei.
-
separación do servizo
[DER]
Sanción disciplinaria dun funcionario público por causa de falta moi grave que comporta a perda da condición funcionarial.
-
s
f
-
s
f
Espazo que separa dúas cousas.
-
s
f
[IND]
Operación de separar un mineral da ganga que o acompaña. Pode ser efectuada con auga, por aire ou nun medio denso. Os tres métodos baséanse na diferenza de densidade do mineral útil e da ganga.