ocupación
(< lat occupatĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de ocupar ou ocuparse.
-
s
f
-
Actividade en que se está ocupado.
Ex: As miñas ocupacións impídenme pasar pola túa casa.
-
Traballo ou estudo ao que se dedica o tempo a cambio dunha retribución ou ganancia.
Ex: Ao longo da miña vida tiven as máis diversas ocupacións.
Confrontacións: emprego, oficio. -
[ECON]
Utilización de man de obra para a produción. A estrutura da ocupación determina a parte da poboación activa empregada nos diversos sectores de actividade económica, e tamén a súa composición cualitativa. O nivel de ocupación fixa o grao de absorción dos factores e en especial do factor traballo no conxunto das actividades produtivas. Segundo o modelo neoclásico, o nivel de ocupación está determinado pola intersección das curvas da oferta e da demanda de traballo, que dependen ao mesmo tempo do salario real. Un exceso da oferta de traballo respecto da demanda desencadea un proceso de axuste que tende á diminución do salario real. A nova situación de equilibrio obtida cumpre as condicións de plena ocupación, entendida como a situación en que todo individuo disposto a traballar ao nivel de salarios vixente pode conseguilo. Esta concepción optimista oponse á visión marxista, segundo a que, o capitalismo mantén en permanencia un certo volume de man de obra desocupada para facer presión sobre os salarios e reducir a combatividade da clase obreira.
-
[ECON]
Utilización efectiva, nun momento dado, dos recursos produtivos, como a man de obra, os bens de capital e os recursos naturais.
-
-
s
f
[DER]
-
Toma de posesión por parte dos poderes públicos dunha propiedade privada para o estudo ou a execución de traballos públicos. O propietario desposuído ten que recibir unha indemnización.
-
Forma orixinaria de adquirir a propiedade que consiste en apoderarse de bens materiais externos que non pertencen a ninguén.
-
Exercicio temporal da soberanía sobre un territorio ou estado estranxeiro. A ocupación de guerra ou militar prodúcese despois dun conflito, a ocupación pacífica efectúase para garantir as estipulacións dun tratado de paz, e a ocupación mixta ten como base un acordo entre os belixerantes. Foi regulamentada pola Convención da Haia (1907) e pola Convención de Xenebra (1949) para a protección de civís en tempo de guerra.
-
Refráns
- Nunca lle falta en que entender ao que ten carro e muller.