emprego
(
-
s
m
Acción de empregar ou empregarse.
-
[ECON]
-
s
m
Actividade que desempeña unha persoa e pola que percibe un salario. Enténdese por pleno emprego cando a totalidade da poboación activa ten actividade remunerada, situación ideal que contemplan a maioría dos textos constitucionais contemporáneos dos países occidentais. A teoría económica do emprego analiza os factores que inflúen no grao de utilización da forza laboral dun país. A doutrina clásica sostiña que o índice de emprego crecía en proporción directa á poboación en condicións de traballar, feito que foi rebatido por Keynes, quen fixo depender o emprego da demanda de traballadores por parte das empresas e o considerou unha variable que debía analizarse desde un punto de vista macroeconómico, xa que ligaba o equilibrio no emprego ao equilibrio de toda a economía. Desde mediados do s XX relacionouse o aumento do número de parados cos períodos de diminución do crecemento económico, pero desde 1965 o paro comezou a converterse nun fenómeno permanente. Na Comunidade Europea foi un dos obxectivos fundamentais da política comunitaria e, coa entrada en vigor do Tratado de Amsterdam, elaboráronse unhas directrices comúns e preveuse a creación dun Comité de Emprego. O desenvolvemento económico mundial evidenciou un desprazamento da actividade laboral desde o sector primario e secundario cara ao sector terciario a medida que a economía se ía desenvolvendo. A evolución do emprego en Galicia caracterizouse por un descenso progresivo no sector primario, debido ao envellecemento da poboación ocupada nas actividades agrarias e ao transvasamento da man de obra a outras ramas non primarias; malia todo, o peso do sector primario segue a ser superior ao promedio español e sería necesario un maior crecemento dos demais sectores para a consecución dunha estrutura máis equilibrada.
-
emprego a tempo parcial
Traballo que non cobre a xornada laboral completa, senón que se realiza unhas horas ao día ou uns días á semana.
-
emprego estacional
Traballo que se realiza nuns períodos concretos do ano, asociado á variación da demanda en determinadas industrias ou rexións.
-
s
m
-
s
m
[ECON]
Conxunto da poboación activa.