"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Novelista, xornalista e ensaísta de familia asturiana. Doutor en Dereito. En Madrid colaborou coa prensa republicana (1871). En abril do 1875 comeza a empregar o pseudónimo Clarín no diario El Solfeo. En 1878 gañou por oposición unha cátedra na Universidade de Salamanca, pero o goberno non lla concedeu. Catro anos máis tarde (1882) foi nomeado catedrático en Zaragoza e en 1883 acadou o traslado a Oviedo. Alternou a cátedra co xornalismo, e os seu artigos e contos apareceron de xeito continuado en diarios e revistas, sendo recollidos en diferentes volumes (Solos de Clarín, 1881, etc). Entre 1886 e 1891 publicou unha serie de oito Folletos literarios e un breve estudo biográfico e crítico de Pérez Galdós. É autor dunha das novelas máis lidas no s XIX, La Regenta (1884-1885), nada do seu encontro coa vida de Oviedo (Vetusta), enmarcada dentro da corrente do realismo decimonónico. Tamén escribiu Su único hijo (1890), e numerosos contos e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e clavecinista. Mestre de Capela na Igrexa Colexial de Logroño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido antigo, probablemente de la, de cor branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Lugo. As súas armas levan sobre campo de goles, un albeo, tecido antigo de la branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Crecente baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e arquitecto italiano. Estudiou humanidades e matemáticas, entrando ao servizo do Cardeal Albergati no 1428. Dende 1431 a 1447 foi secretario do Papa Uxío IV. Visitou Florencia (1434), coñecendo a Brunelleschi e proxectou o pazo Rucellai (1446). Foi chamado por Sexismundo Malatesta para colaborar na transformación da igrexa de san Francisco de Rímini (1450). En santa María Novella de Florencia desenvolveu o modelo típico da fachada barroca (1456). En Mantua fixo a igrexa de Santo Andrés (1470), considerada un precedente do tipo de igrexa xesuítica. Home de curiosidade universal, é o primeiro arquitecto plenamente renacentista, e representa, máis que unha revolución, unha evolución do gótico pre-renacentista, cunha concepción aristocrática da arquitectura. Foi o primeiro gran teórico da arte do Renacemento, autor dos dous libros de De re aedificatoria (1451), onde defende a Vitrubio como modelo estético. Escribiu en latín diversas obras narrativas e teatrais de xénero...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Animal que ten os cornos brancos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e xeodecta alemán. Dirixiu o departamento de Xeodesia Astronómica do Instituto Xeodésico de Berlín (1888). Estudiou as oscilacións do eixe terrestre. É autor de varios libros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e profesor austríaco. Foi organista na abadía de Melk (1760) e na corte de Viena (1772), e Mestre de Capela da catedral de Viena (1792). Escribiu música relixiosa e de cámara. Tivo a Beethoven como discípulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo á albuxínea.

    2. Capa grosa, branca, de tecido fibroso que cobre un órgano, especialmente a inmediata ao testículo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise dos metais calcio, estroncio, bario, radio e os seus compostos.

    2. Cada un dos elementos metálicos da serie: calcio, estroncio, bario e radio, pertencentes todos eles ao grupo IIA da táboa periódica. Son sólidos dúctiles, de cor branca prateada. Os seus átomos teñen só dous electróns no nivel máis externo, que se perden facilmente, deixando un catión divalente, coa configuración electrónica dun gas nobre. A estabilidade desta configuración e o feito de que o segundo destes electróns se perde máis facilmente ca o primeiro, fai que a súa valencia sexa sempre dúas. En comparación cos metais alcalinos, os alcalinotérreos dan ións de radio máis pequenos, funden e ferven a temperaturas elevadas e ademais teñen unha densidade maior. A súa electropositividade e a súa reactividade química son inferiores. Non obstante , reaccionan facilmente cos halóxenos, co osíxeno e coa auga, e dan hidróxidos fortemente básicos. Para obtelos libres cabe utilizar electrólise ígnea ou redutores moi potentes. Os seus carbonatos son insolubles na auga. Ao aumentar o número atómico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cheiro que resulta apestoso e desagradable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta lírico grego, contemporáneo de Safo. De orixe aristocrática, loitou contra a tiranía, como queda reflectido na súa obra, inzada de alusións aos acontecementos políticos. Escribiu, en dialecto eólico, himnos, odas, cantos amorosos e epigramas dos que se conservan algúns fragmentos. Influíu en Teócrito, que imitou a súa forma poética, e en Horacio, que adaptou o ritmo chamado alcaico -do que fora creador- á métrica latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alceo de Verial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á orde dos alcionáceos.

    2. Pólipo da orde dos alcionáceos.

    3. Orde de alcionarios que comprende pólipos de consistencia branda, co esqueleto pouco desenvolvido, que viven en fondos de areas litorais, e forman colonias xeralmente eréctiles; algunhas especies son abisais. Os principais representantes deste grupo pertencen ao xénero Alcyonium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filla de Anfiárao e Erifila, irmá de Adrasto, Rei de Argos. Á volta de dirixir a expedición dos Epígonos contra Tebas, á que fora obrigado por Erifila, deulle morte a esta, polo que foi perseguido polos Erinias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico grego da escola de Pitágoras. O máis importante de entre os anteriores a Hipócrates, tentou conxugar o razoamento filosófico coa observación dos enfermos e a experimentación nos animais. Atribúeselle o descubrimento dos nervios ópticos, das trompas de Eustaquio e da distinción entre veas e arterias, que cría que conducían aire.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos alcmeónidas.

    2. Familia aristocrática ateniense orixinaria de Mesenia que se asentou en Atenas despois do sinecismo. Contra o 630, Megacles, membro da familia, fixo matar os implicados na revolta de Cilón e a familia foi expulsada de Atenas, por orde de Solón, para evitar a guerra civil. Dende Esparta, loitaron contra os Pisistrátidas; levaron o exército de Cleómenes a Ática e destronárono. O alcmeónida Clístenes fixo reformas democráticas. Pericles e Alcibíades pertencen a esta familia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico italiano. Autor duns Consilia que recollen gran parte do saber do seu tempo. Foi un dos médicos máis importantes do occidente medieval cristián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor castelán de ascendencia hebrea. Escribiu o Guzmán de Alfarache (1599), novela picaresca que obtivo inmediata sona e que significou a culminación do xénero, presentando todas as características propias. Escrito en primeira persoa, alterna as digresións morais coa historia da degradación do protagonista e a visión pesimista da condición humana. A segunda parte apareceu no 1604. En México publicou a Ortografía castellana (1609) e a biografía do seu protector Sucesos de Fray García Guerra (1613).

    VER O DETALLE DO TERMO