"nito" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 107.

  • PERSOEIRO

    Político italiano. Fillo dun ferreiro e dunha mestra, fixo estudos de maxisterio. Iniciouse na actividade política dentro do Partito Socialista Italiano, pero foi expulsado ao declararse a favor da intervención de Italia na Primeira Guerra Mundial. Para difundir o seu ultranacionalismo creou o diario Il popolo d’Italia, mentres promovía a formación dos fasci di combattimento ou grupos de axitación, que constituíron o embrión do Partito Nazionale Fascista (1921). Tras a marcha sobre Roma do 28 de outubro de 1922, coa complicidade do exército, do goberno e do Rei Vítor Manuel III de Italia, foi nomeado xefe de goberno. Durante os tres anos seguintes, asumindo todos os poderes, dunha maneira gradual, implantou unha ditadura. Resolveu o antigo preito co papado mediante os Pactos de Letrán, realizou custosas obras de infraestrutura e seguiu unha política exterior agresiva, que nalgúns momentos renovou soños de expansionismo. O 10 de xuño de 1940 declarou a guerra aos aliados,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Santiago Álvarez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Laureano da Vila Eirín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medo obsesivo á escuridade, sobre todo nocturna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fotómetro que se emprega para medir luminancias de fontes difusas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘paxaro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de polinización en que a diseminación do pole se efectúa por aves, xeralmente pequenas, como os colibrís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á polinización que ten lugar grazas ás aves.

    2. Que se poliniza polas aves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea que pertence ao xénero Ornithogalum, da familia das liliáceas, e que presenta as follas lineais, estreitas de beira clara e con flores con tépalos de cor amarela ou verde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zoólogo que se dedica ao estudo da ornitoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da zooloxía que estuda as aves. É unha das ciencias naturais máis desenvolvidas, tanto no nivel científico como no afeccionado. Pódese dicir que, prescindindo de antecedentes clásicos (Aristóteles, Plinio) a historia da ornitoloxía comezou no s XVI co francés Pierre Belon, autor da Histoire de la nature des oyseaux, e co seu contemporáneo Conrad Gesner, de Zúric, autor dun extenso tratado de zooloxía, que contén o Historiae animalum Liber II qui est de avium natura. Do s XVII destaca a obra monumental do italiano Ulisse Aldrovandi e a do inglés Joannes Jonston. Os autores nomeados, ademais das súas observacións directas sobre a fauna europea, baseáronse nas referencias de especies exóticas achegadas polos primeiros viaxeiros exploradores. A primeira fauna rexional europea estritamente ornitolóxica foi a Uccelleria, do boloñés G. P Olina. O s XVIII sinalou o nacemento da ornitoloxía concibida como ciencia, froito da coincidencia entre os grandes sistemáticos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á ornitoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adiviñación que se fundamenta na observación do canto ou do voo das aves.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ornitomímidos.

    2. Réptil fósil da familia dos ornitomímidos.

    3. Familia de réptiles fósiles, saurisquios, da suborde dos terópodos, carnívoros ou omnívoros, bípedes, que medían entre 2 e 4 m de lonxitude. Eran moi parecidos ás avestruces actuais, carecían de dentes e tiñan tres dedos con gadoupas nas patas dianteiras. Viviron a finais do Cretáceo hai uns 15 millóns de anos. A maioría dos xacementos descubríronse en América do Norte, en Mongolia e en certas rexións europeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ornitisquio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avión que se sustenta e avanza pola reacción do aire sobre superficies de sostén dotadas dun movemento semellante ao movemento das ás das aves e que constitúe o único sistema de propulsión do aparato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero da orde dos monotremos que pode chegar ao medio metro de lonxitude total. De corpo aplanado, presenta unha cola ampla e deprimida, os dous pares de patas transformadas en aletas e a cabeza remata nun bico plano. O corpo está completamente recuberto dun pelame de cor castaña nas partes superiores e máis clara nas inferiores. Trátase dun animal de costumes acuáticos que nada e se move pola auga con grande axilidade. Vive na banda oriental de Australia e en Tasmania.

    VER O DETALLE DO TERMO