"sin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 907.
-
PERSOEIRO
Escritor italiano. Autor de novelas Fratelli d’Italia (1963) e Belle di Lodi (1972) entre outras e de libros de ensaio e xornalísticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento para obter, a partir dun ácido carboxílico, o seu homólogo superior.
-
-
Gas incoloro de olor aliáceo, obtido pola acción dos ácidos sobre arseniuros metálicos. É o produto que se identifica co ensaio de Marsh. A arsina utilízase en síntese orgánica para fabricar gases velenosos de guerra e como axente de excitación (dopaxe) de semicondutores para electrónica.
-
Por extensión, calquera dos derivados da arsina (hidruro de arsénico, AsH 3 ) por substitución progresiva dos hidróxenos por radicais orgánicos. Segundo o número de hidróxenos substituídos, divídense en arsinas primarias RAsH 2 , arsinas secundarias RR’AsH e arsinas terciarias RR’R”As. Os produtos de substitución do hidróxeno polos halóxenos nas moléculas das arsinas primarias e secundarias, así como os produtos de adición haloxenados das secundarias e terciarias, denomínanse haloxenoarsinas; moitas delas empréganse como agresivos químicos, por exemplo a metildicloroarsina e a lewisita, usadas durante a Primeira Guerra Mundial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica dos compostos orgánicos arsenicais de fórmula RRf’As(O)OH. O máis coñecido é o ácido cacodílico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica dos compostos orgánicos arsenicais de fórmula RR’AsOH.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principio amargo presente nalgunhas artemisas e no asente, que se emprega como aperitivo.
-
MONTES
Monte da parroquia de Cereixido, no concello de Quiroga, de 1.165 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Matar a alguén en circunstancias que constitúen delito.
-
-
Acción e efecto de asasinar.
-
Homicidio cualificado pola concorrencia de determinadas circunstancias agravantes. Pode ser suxeito deste delito calquera persoa, exceptuando cando a víctima sexa ascendente ou descendente lexítimo ou ilexítimo, ou sexa o seu cónxuxe; entón a acción criminal tipifícase como parricidio. As circunstancias previstas legalmente para cualificar o asasinato son a comisión do feito con aleivosía; por cartos, recompensa ou promesa; por medio de inundación, incendio, veleno ou explosivos; con premeditación coñecida e con crueldade. Normalmente está sancionado cunha pena ampla de prisión (de vinte a trinta anos) ou, nalgunhas lexislacións, coa pena de morte.
-
-
-
Que ou o que asasina.
-
Nome que recibiron en Occidente os seguidores da seita islámica nizarita, rama dos xiítas ismaelitas, fundada por Hasan ibn Sabbāh al-Rāzī o Vello da Montaña. Formouse unha lenda negra a partir dos relatos dos cruzados e da descrición que fixo Marco Polo da fortaleza de Alamūt, segundo estas fontes os membros desta secta, alcumados fidacī (‘o que se sacrifica’), embriagábanse con haxix e encomendábanselles perigosas misións, que polo xeral consistían no asasinato dalgún xefe inimigo. Os asasinos, desde os castelos fortificados situados en diversos lugares inexpugnables de Siria e Palestina, constituíron un movemento de resistencia antiturco e ocasionalmente colaboraron cos cruzados, asasinando a Ramón de Trípoli (1152) e Conrado de Monferrato (1192). O seu poder político rematou cando o Sultán mameluco Baybars destruíu a súa fortaleza de Siria no monte Al-Amut (1273).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Casa de comidas compostelá que foi fundada en 1873 por D. Bernardo, primeiramente como adega e non como restaurante. Foron os universitarios, aos que cada día Esperanza González Carral invitaba a comer, os que fixaron un prezo simbólico. Débelle o seu nome a unha curiosa lenda compostelá que conta como o dono da taberna perseguía un galo que lle escapara do poleiro e corría pola Praza da Universidade mentres os estudiantes lle berraban “asesino, asesino”, que quedou como denominación do establecemento. Os galegos máis famosos e populares, como Valle Inclán, ou outras personalidades como o Papa Xoán XXIII, cando aínda era nuncio apostólico, foron comer a esta casa que aínda conserva a súa estrutura e a súa tradicional maneira de preparar as comidas. Reabriu as súas portas en 1999.
-
PERSOEIRO
Erudito e arabista. Sacerdote (1895), foi catedrático de árabe na Universidade de Madrid en 1903. Publicou a tese de doutoramento sobre a dogmática de Algatzell (1901). Publicou numerosas monografías sobre ibn ‘Masarra, ibn Bā Palatino; ǧǧ a, ibn Palatino;mso-fareast- ES-TRAD;mso-fareast-language:Ṭ ffail, Turmeda, etc, e as súas influencias na escolástica do s XIII, sobre Ramon Llull e Dante (La escatología musulmá en “La Divina Comedia”, 1919). Ingresou na Real Academia Española en 1915 e dende 1934 foi o seu director. Dirixiu a revista Al-Andalus desde 1932 ata a súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser asinado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de asinar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen asina ou ten sinatura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia total ou parcial de homoloxía cromosómica durante a profase da meiose.
-
-
Escribir unha persoa o seu nome, xeralmente acompañado dunha rúbrica a man, ao pé de cartas e documentos, para demostrar a súa responsabilidade ou manifestar o seu acordo ou compromiso.
-
Escribir unha persoa o propio nome.
-
-
ILLAS
Illa de Italia, ao NO de Sardeña (50,9 km2). É o resultado da unión de catro illas que limita ao NL co golfo de Asinara.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Nome, apelido e xeralmente rúbrica, autógrafos, cos que se subscribe un documento para certificar quen é o seu autor, quen aproba o seu contido, quen interveu nel ou quen estivo presente na súa redacción. Nun principio indicaba o sinal autógrafo anteposto á subscrición e que adoitaba substituíla, pero a partir do uso do selo (s XII) caeu en desuso. Designou despois a marca profesional do notario, que se ía adornando ata chegar a facer debuxos complicados (ss XIII-XIV) chamados signo maior, aos que, para facilitar a súa identificación, se lles engadían en cursiva algunhas letras do nome ou todo o nome, seguidas da rúbrica ou signo menor, orixe da sinatura actual. Desde un punto de vista xurídico, a sinatura ten que incluír o nome patronímico e os apelidos, aínda que se admite tamén a media sinatura, en que se omite o nome de pía. No caso das persoas que non saben escribir, a validez é acreditada pola impresión dixital do dedo índice ou, nalgunhas actas notariais, pola mención expresa do...
-
Nome do autor dunha obra de arte, inscrito nunha parte visible ou non visible dela, como constancia da súa paternidade.
-
-
Acción de asinar.
-
-
Serie ordenada de símbolos, expresados polo xeral mediante cifras ou letras, que corresponden normalmente ás materias das que tratan os libros ou á cronoloxía ou topografía dos documentos. Serve para ordenalos en bibliotecas e catálogos, de acordo cos diversos sistemas de clasificación.
-
Indicación da signatura no lombo dos libros, e moitas veces no frontispicio ou noutra páxina, e que consta tamén nas fichas do catálogo.
-
-
-
Sinal posto ao pé da primeira páxina de cada prego dun libro que serve para indicar como hai que pregalo e a orde en que hai que colocar os pregos durante o alzado. A signatura adoita consistir nunha sigla, que indica a obra á que pertence o prego, seguida do número de orde de cada prego.
-
Cada un dos pregos que compoñen un volume.
-
-
...
-
-
-
Calidade de asincrónico.
-
-
Ausencia de simultaneidade na duplicación das dúas cadeas do ADN, xa que un cromosoma se duplica antes ou despois co seu homólogo.
-
asincronía intracromosómica
Asincronía caracterizada pola duplicación, en diferentes momentos, de diferentes zonas dun mesmo cromosoma.
-
-