Asesino, O

Asesino, O

Casa de comidas compostelá que foi fundada en 1873 por D. Bernardo, primeiramente como adega e non como restaurante. Foron os universitarios, aos que cada día Esperanza González Carral invitaba a comer, os que fixaron un prezo simbólico. Débelle o seu nome a unha curiosa lenda compostelá que conta como o dono da taberna perseguía un galo que lle escapara do poleiro e corría pola Praza da Universidade mentres os estudiantes lle berraban “asesino, asesino”, que quedou como denominación do establecemento. Os galegos máis famosos e populares, como Valle Inclán, ou outras personalidades como o Papa Xoán XXIII, cando aínda era nuncio apostólico, foron comer a esta casa que aínda conserva a súa estrutura e a súa tradicional maneira de preparar as comidas. Reabriu as súas portas en 1999.

Palabras veciñas

aserto | asertor -ra | asertorio -ria | Asesino, O | asesor -ra | asesoramento | asesorar