"vita" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 76.

    1. Relativo ou pertencente ás vitáceas.

    2. Planta da familia das vitáceas.

    3. Familia de lianas ou arbustos gabeadores, da orde das ramnais, con follas alternas, xeralmente palmatilobuladas, inflorescencias en acio ou en cima, flores actinomorfas, hermafroditas ou polígamas, tetrámeras ou pentámeras, e xineceo súpero, bicarpelar e bilocular, e froito en baga. Conta con preto de 700 especies, a maioría de rexións cálidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á vida.

    2. Que é esencial na vida dun individuo ou dunha colectividade.

    3. Que ten unha importancia moi grande.

    4. Aplícase á persoa con moita enerxía para actuar ou para vivir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor. Cofundador de MIA (Músicos Independientes Asociados) en 1976, na década de 1980 formou parte do grupo musical El Trío. En 1990 fundou o Lito Vitale Cuarteto e en 2003 o Lito Vitale Quinteto. Da súa discografía destacan Sobre miedos, creencias y supersticiones (1981), Kuarahy (1991), Juntando almas (1993) e Un solo destino (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e violinista italiano. Na súa produción instrumental fusiónanse as características propias do estilo contrapuntístico das sonatas co estilo harmónico da música de cámara. Destaca Artifici musicali (1689).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pirata do Mar Báltico e do mar do Norte. Os primeiros foron os poboadores de Rostock e Wismar, que abasteceron Estocolmo durante o sitio danés (1389-1395), para logo dedicarse á pirataría. Desapareceron a finais do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (657-672). Foi elixido baixo a presión do exarca bizantino. Defendeu os seus dereitos contra o arcebispo de Ravenna e o bispo de Creta. A súa festividade celébrase o 27 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dura ata a morte.

    2. Póliza dun seguro de vida.

    3. Pensión que se cobra ata a morte do beneficiario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capacidade dun organismo natural ou social para vivir ou desenvolverse.

    2. Enerxía dunha persoa para actuar con vivacidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia filosófica que considera o mundo como un ser vivo. Relaciónase co animismo e comporta un desdebuxamento do límite entre a materia animada e a espiritual.

    2. Doutrina filosófico-científica que establece os fenómenos biolóxicos como radicalmente irredutibles aos procesos físico-químicos. Oposto ao mecanicismo e tamén denominado neovitalismo, foi defendido, entre outros, por J. Reinke (1849-1931), J. von Uexküll (1864-1944) e, sobre todo, Hans Driesch (1867-1941).

    3. Conxunto de tendencias filosóficas, xurdidas a finais do s XIX como reacción ao idealismo e ao positivismo. Xenericamente denominadas filosofía da vida, caracterízanse polo antirracionalismo e a afirmación do papel central que a vida individual humana ten no mundo. Os seus principais representantes foron F. Nietzche, W. Dilthey e H. Bergson.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao vitalismo.

    2. Seguidor do vitalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transmitir enerxía vital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia orgánica necesaria en pequenas cantidades para o mantemento das funcións metabólicas dos organismos. Os animais superiores non teñen a capacidade para sintetizalas, polo que teñen que obtelas de plantas, animais ou microorganismos que forman parte da súa dieta, ou de microorganismos que se atopan dentro do tubo dixestivo. A deficiencia total ou parcial dunha vitamina pode provocar enfermidades por carencia (avitaminose). O concepto de vitamina foi introducido polo bioquímico C. Funk en 1912, ao illar a tiamina ou vitamina B1. Clasifícanse pola súa solubilidade en hidrosolubles, que inclúen as vitaminas do complexo B e o ácido ascórbico, cuxa función bioquímica é a de coenzimas ou de precursores de coenzimas de diversas reaccións enzimáticas; e liposolubles, que inclúen a vitamina A, D, E e K. Estas vitaminas actúan, grazas á súa liposolubilidade, en diversas membranas celulares, afectando incluso á súa permeabilidade e modificando os procesos de transporte a través...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao produto ao que se lle engadiron vitaminas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás vitaminas.

    2. Que contén vitaminas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que debe ser evitado.

    VER O DETALLE DO TERMO