"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Participou no I Curso Nacional de Artes Plásticas celebrado en Madrid en 1957. Foi un dos fundadores dos grupos pitóricos ferroláns Dos Sete, Salón de Maio e O Grilón. A súa obra é unha interpretación próxima á nova figuración, dotada dunha visión onírica ou simbólica na que se mesturan diferentes estilos. Participou nos principais certames pitóricos galegos, como a Bienal de Pontevedra de 1974 ou a X Exposición Siglo XX, Plástica Gallega, organizada pola Caja de Ahorros de Vigo en 1981. Entre os galardóns que recibiu destacan o segundo premio do I Certame de Pintores Noveis (1959) e a medalla e segundo premio do Certame Nacional El Mar (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que resulta áspero ao gusto.

    2. Que se caracteriza pola súa falta de amabilidade ou crueldade.

    3. Sabor da carne dos animais salvaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de celebrar.

    2. Termo que en retórica identifica unha fórmula fixada para a expresión do sentimento de alegría producido por algo ou alguén. Xeralmente, é unha manifestación colectiva e caracterízase polo emprego de marcas explícitas e mesmo institucionais como bendito, feliz, loado ou viva, e doutras menos evidentes (entoación ou exclamación).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de celebrar.

    2. Que se aplaude ou celebra moito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que celebra algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que celebra algo.

    2. Persoa que é o axente principal nunha cerimonia litúrxica, especialmente o sacerdote que di a misa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Loar a alguén ou algo ou destacar unha calidade que ten de seu, especialmente de forma pública.

      1. Facer unha festa ou organizar un acto dunha forma solemne e cerimoniosa.

      2. Organizar un acto que recorda unha data ou un acontecemento importante.

      1. Realizar un ritual, unha reunión, unha xunta ou calquera acto formal.

      2. Dicir misa o sacerdote.

    2. Alegrarse por algo que resulta beneficioso para outra persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desenvolvemento do cerebro, ligado ao aumento da capacidade craniana e á cefalización, que tivo lugar especialmente nos homínidos e que constituíu unha parte importante do proceso de hominización.

    2. Actividade dos hemisferios cerebrais como soporte do pensamento consciente ou inconsciente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cerebro.

    2. Aplícase á persoa, á obra ou ao traballo no que predomina o raciocinio e o esforzo intelectual sobre o afectivo, emocional ou fisiolóxico.

    3. cacuminal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de cerebral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de vestir ancha e frouxa, de tea fina, con ou sen mangas, usada xeralmente por mulleres e por nenos, que cobre a parte superior do corpo, dende os ombros ata a cintura.

    2. Bata que se pon por riba doutra roupa para protexela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Motivo decorativo, feito en pedra ou madeira, que se coloca ao redor dunha porta, dunha ventá, dunha cheminea, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico indio. Estudiou as estrelas ananas brancas e determinou a súa masa máxima (límite de Chandrasekhhar) e tamén a do núcleo de helio dunha estrela (límite de Chandrasekhar-Schönberg). Investigou tamén sobre a transferencia de enerxía por radiación e convección ás atmosferas estelares, e a polarización da luz emitida por determinadas estrelas. Recibiu, xunto con W. Fowler, o Premio Nobel de Física en 1983. Entre as súas obras, cómpre destacar An Introdution to the Study of Stellar Struture (Unha introdución ao estudo da estrutura estelar, 1939) e The Mathematical Theory of Black Holes (A teoría matemática dos buracos negros, 1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do latín Cyprianus, nome étnico derivado do xentilicio cyprius ‘de Chipre’, aínda que tamén pode facer referencia a Cipris ou Ciprina, alcume de Venus, deusa venerada en Chipre. Na súa orixe foi só un nome persoal pero enseguida pasou a apelido e topónimo; de feito, moitos dos santuarios de san Cibrán construídos nos cumios dos montes pasaron, por extensión semántica, a designar os mesmos montes. Como prenome presenta as variantes Cibrao e Ciprián (normativas), e Sibrán, Xibrán e Sidrán (populares). É un dos santos máis antigos na tradición relixiosa hispánica (s V); o seu culto remóntase aos tempos nos que se iniciou o contacto entre Galicia e Oriente. Entre os santos que levan este nome destacan san Cibrán de Cartago (s III) e san Cibrán de Antioquía (ss III-IV). A san Cibrán, quen fora meigo antes de se cristianizar, atribúeselle a autoría de libros de maxia espallados por toda Europa,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir cristián. Segundo conta a lenda, ao nacer foi consagrado ao demo polos seus pais. Co tempo adquiriu poderes satánicos e converteuse en meigo. Cibrán o Mago coñeceu en Antioquía unha doncela cristiá, Xustina, da que se namorou. Ao non ser correspondido, recorreu ás súas malas artes para seducila pero Xustina logrou librarse da influencia demoníaca grazas ao sinal da cruz. Tamén Cibrán foi quen de coñecer a graza divina logo de se persignar; daquela, acudiu ao bispo de Antioquía para recibir o bautismo, foi ordenado diácono e consagrado bispo, e fundou un mosteiro no que nomeou abadesa a Xustina. Pero, ao pouco, ambos os dous foron encarcerados e martirizados por orde de Diocleciano; ao saíren das torturas sen mal ningún, foron enviados a Nicomedia e decapitados sete días despois. A reforma litúrxica posterior ao Concilio Vaticano II eliminouno do calendario romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino, mártir e un dos Pais da Igrexa. Tras vivir unha mocidade entregada aos vicios converteuse ao cristianismo no 246; tres anos despois foi elixido bispo de Cartago e reorganizou a Igrexa de África, malia a violenta persecución de Decio que o obrigara a saír da cidade. No 255 mantivo unha controversia co Papa Estevo, quen autorizaba os bautismos conferidos por herexes fronte á súa opinión, non tan indulxente, e á dos bispos africanos. O procónsul Paterno desterrouno ao tunesino cabo Bon, pero, tras volver ser arrestado, regresou a Cartago; meses despois foi decapitado ao se negar a sacrificar os ídolos. A súa obra divídese en cartas e tratados (sermones, libelli, tractatus), entre os que destaca De habitu virginum, Catholicae ecclesiaeunitate ou De lapsis. A súa festa celébrase o 16 ou o 26 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do nome Cibrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte máis elevada dun monte.

      1. Estada ou armadura de madeira ou doutro material que, coa curvatura adecuada, se levanta para soster unha bóveda durante a súa construción ou para suxeitar as doelas dun arco mentres non se coloca a clave.

      2. Curvatura interna dun arco ou dunha bóveda.

      3. Patrón curvo que permite labrar nun perpiaño unha superficie cóncava ou convexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cimbrar.

    VER O DETALLE DO TERMO