"CAD" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 940.

  • Que contén ácido fénico na súa composición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Título señorial concedido coa grandeza de España en 1567 a Gómez Suárez de Figueroa e Fernández de Córdoba (?-1571), descendente do nobre de orixe galega Gómez Suárez de Figueroa, primeiro señor de Feria, e de Lorenzo Suárez de Figueroa, primeiro conde de Feria (1460). No s XVIII, o título foi herdado pola casa de Medinacelli, que pasou a apelidarse Fernández de Córdoba-Figueroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estampaxe realizada con debuxos siluetados que imitan o veludo. Orixinada no s XV en Alemaña, realizábase cubrindo as partes saíntes dun bloque de madeira con cola ou engrudo e despois estampábase nun papel; posteriormente esparexíanse fibras téxtiles sobre as pegadas e fixábanse á cola. A técnica empregouse nos ss XVII e XVIII para crear papeis pintados para as paredes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fluidifica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cousa de pouco valor ou importancia.

    2. Actividade que se realiza para pasar o tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santa María de Arnego (Vila de Cruces). Ten planta en forma de U con baixo e piso. A cuberta é a catro augas. Nunha das ás laterais engadiuse un corpo a xeito de galería pechada. O escudo alude aos Mella, Silva, Viveiro e Castro. Conserva unha capela exenta de planta rectangular en estado ruinoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santa Comba baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. forcanza.

    2. Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que designa o aparello para botar leña á caldeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, unha faixa de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral oriental da parroquia e concello do Vicedo, situada ao N da punta da Ventosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chandrexa de Queixa baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que serve de límite á parroquia de Santa Comba de Carnota (concello de Carnota) coas de Serres e Sestaio (concello de Muros). O seu cumio acada os 474 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente atlántica, que desemboca na beira meridional da ría de Cedeira. Nace na parroquia de Labacengos (Moeche). O seu curso adopta unha dirección SL-NO coa que penetra nas parroquias de Abade e San Xoán de Moeche, para penetrar despois no concello de San Sadurniño pola parroquia de Bardaos e, despois de virar cara ao N, no concello de Valdoviño pola parroquia de Vilaboa. Encorado pola presa augas abaixo, o encoro das Forcadas serve de límite ás parroquias de Vilaboa e Loira. Superada a presa, o seu curso baixo discorre entre Pantín e Vilarrube, onde desemboca despois dun percorrido duns 20 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cadela de frade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tomiño baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Barco de Valdeorras baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Santiago Fernández Álvarez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pao que serve para remover as comidas, sobre todo se son líquidas e maiormente se se trata de papas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. forcanza.

    2. Cada unha das dúas pezas que ten o arado de madeira a ambos lados da rella e que serven para remover a terra e anchear o suco.

    3. Estadullo en forma de Y que se coloca na parte dianteira do carro, entre o chedeiro e a cabezalla, para termar da carga.

    4. Pao groso e longo con dúas ou tres gallas que se utiliza para calcar o bagazo ou remexer as papas ou roxóns.

    5. Cavidade do casco da barca a proa, baixo o castelo.

    6. Aplícase á peza, especialmente a cruz, na que as súas extremidades presentan dúas ramas terminais amodo de forca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral setentrional da parroquia de Camariñas, no concello homónimo, ao L do Cabo Vilán.

    VER O DETALLE DO TERMO