Fonte Arcada, casa de
Fonte Arcada, casa de
Construción situada en Santa María de Arnego (Vila de Cruces). Ten planta en forma de U con baixo e piso. A cuberta é a catro augas. Nunha das ás laterais engadiuse un corpo a xeito de galería pechada. O escudo alude aos Mella, Silva, Viveiro e Castro. Conserva unha capela exenta de planta rectangular en estado ruinoso.