"Cid" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 848.

  • Sólido cristalino que funde a 73°C, que é presentado usualmente como un líquido aceitoso, de cor de palla, que contén un pouco máis do 50% de ácido sulfúrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás noctilúcidas.

    2. Alga da familia das noctilúcidas.

    3. Familia de algas, da división das dinófitas, formada unicamente polo xénero Noctiluca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que se presenta nos exsudados resinosos de diversas plantas e que foi illada das follas de Larrea divaricata. Emprégase como antioxidante en graxas e aceites. OBS: Tamén se denomina NDGA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, autor e director. Coñecido como Nancho Novo, desenvolveu unha ampla actividade teatral como intérprete (Defendiendo al cavernícola), director e autor de varias obras (Cyborg, blues por un perro muerto ou Maloficio). Cantante e guitarrista do grupo Los Castigados sin Postre, co que publicou o disco Confieso que he bebido (1996), comezou a súa andaina cinematográfica no filme El juego más divertido (1988) e tivo o seu primeiro papel protagonista en La ardilla roja (1992). Tamén cómpre salientar a súa participación nos filmes La flor de mi secreto (1995), Tierra (1996), A noiva de media noite (1997), Fisterra (1998), Los amantes del Círculo Polar (1998), Tierra de fuego (2000), O lapis do carpinteiro (2002) ou Astronautas (2004). Recibiu o premio ao actor revelación da Unión de Actores de Madrid (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das macromoléculas formadas por grupos de nucleótidos. Está presente en toda a materia viva e é responsable do almacenamento e transferencia do código xenético. A base nitroxenada que contén pódese combinar coa ribosa formando ácido ribonucleico, ou coa desoxirribosa, formando ácido desoxirribonucleico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao oeste.

      2. Que está situado no oeste.

    1. Aplícase ao astro que se pon despois do Sol.

      1. Relativo ou pertencente ao Occidente.

      2. Natural ou habitante dunha rexión de Occidente.

    2. Aplícase á Igrexa Romana e a cada unha das súas liturxias.

    3. Aplícase á parte de Europa situada ao O dos confíns político-ideolóxicos que simbolizou o pano de aceiro.

    4. Conxunto de potencias adheridas á OTAN e opostas ás que constituían o Pacto de Varsovia.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Kenya (8.360 km2; 3.358.776 h [1999]). A súa capital é Kakamega (58.862 h [1989]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Zambia (126.386 km2; 607.497 h [1990]). A súa capital é Mongu (24.919 h [1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Ghana (23.921 km2; 1.374.483 h [estim 1991]). A súa capital é Sekondi-Takoradi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Malta (68,7 km2; 54.159 h [estim 2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa petrolífera estadounidense creada en 1920 en Los Angeles (California) por Armand Hammer. Ten unha forte actividade química e mineira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afección pola vida e a cultura dos pobos occidentais.

    2. Movemento reformador ruso que se desenvolveu en tempos do Tsar Nicolao I de Rusia. Os occidentalistas (Čaadajev, Herzen, Belinskij), ao contrario dos eslavófilos, pensaban que o Imperio Ruso tiña que seguir a escola occidental tomando o máis moderno da mesma (organización administrativa, laicismo) e non copiala servilmente. Como consecuencia da Revolución de 1848, a policía tsarista perseguiu ferozmente os occidentalistas, de xeito que o movemento desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao occidentalismo.

    2. Seguidor do occidentalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de occidentalizar ou occidentalizarse.

    2. Proceso complexo de tipo cultural, mediante o que os pobos afastados da cultura europea intentan apropiarse dela, sexa nos seus aspectos máis profundos, como a filosofía ou a relixión, ou ben sobre aquilo que é máis asimilable, como a moda ou a técnica. Nacido do trastorno europeo que supuxo o Renacemento e os descubrimentos científicos e técnicos, o proceso acentuouse a partir do s XIX, como consecuencia da expansión colonial. Foron exemplos típicos deste fenómeno a Rusia de Pedro I ou a Turquía de Atatürk.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer adoptar os costumes ou a cultura occidentais.

    2. Adoptar formas de vida ou de cultura occidentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Punto do horizonte por onde se pon o Sol.

    2. Parte da Terra que mira a poñente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de rexións ou territorios occidentais. A partir da morte de Teodosio I (395) e ata a deposición de Rómulo Augusto, o nome Occidente foi empregado para designar unha das dúas seccións nas que foi dividido o Imperio Romano (Imperio Romano de Occidente). Ao cabo duns cantos séculos, coa ruptura das relacións entre Roma e Constantinopla, acentuouse o uso do termo aplicado á Igrexa Romana, -Igrexa de Occidente- en contraposición á Igrexa de Oriente. Sempre na base dunha fundamentación histórico-cultural, desde o s XIV ata a segunda metade do s XIX reuniuse dentro do xenérico Occidente o complexo de estados europeos unidos pola fe cristiá e que ideal e relixiosamente (se non sempre politicamente) se opoñían ao dominio turco. Co afastamento dos turcos de Europa e a causa da súa progresiva occidentalización, os límites culturais occidentais trasladáronse á zona dos mongois, sometida á influencia asiática. Con posterioridade, o concepto ampliouse ata comprender aos países do Atlántico e...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ocaso.

    2. Arco medido no horizonte entre o punto cardinal oeste e o punto por onde se pon un astro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácido caprílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de ofrecer ou ofrecerse.

    2. Que ou quen fixo unha ofrenda.

    VER O DETALLE DO TERMO