"ERS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Vigo a partir de 1995. Promovida pola Asociación de Tradutores Galegos e dirixida por Camiño Noia, saíu anualmente co obxectivo de promover a tradución ao galego das obras da literatura universal, publicar artigos sobre a cuestión e informar sobre a situación da tradución en Galicia.
-
PERSOEIRO
Industrial británico. Fundou en Sheffield unha fábrica de aceiro (1828), con G. Naylor e dedicouse á fabricación de utensilios diversos. Ideou un sistema de proba de dureza dos aceiros.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land do Rin do Norte-Westfalia, Alemaña, na chaira do Baixo Rin (77.300 h [1990]). Ten industria diversificada.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago de Suíza (114 km2) situado a 434 m de altitude, na zona de contacto da Suíza alpina e a Suíza media. Atravésao o Reuss, afluente do Aare. A cidade máis importante da súa ribeira é Lucerna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés, conde de Villiers de L’Isle-Adam. En París coñeceu a Ch. Baudelaire, a través de quen coñeceu a Edgar A. Poe. Ademais de poesía, escribiu as novelas L’Eve future (1886), L’amour suprême (1886) e Tribulat Bonhomet (1887), as narracións recollidas en Contes cruels (1883) e Nouveaux contes cruels (1888), e o drama Axel (1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gran mestre da orde de San Xoán de Xerusalén. Dirixiu a defensa de Rodas, onde estaba o centro da orde, contra Solimán II, pero tivo que capitular e abandonar a illa (1522). Obtivo de Carlos V o arquipélago maltés, onde instalou a residencia da orde (1530).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político inglés, conde (1617), primeiro marqués (1618) e cuarto duque (1623) de Buckingham. Baixo Xaime I, de quen foi amante e favorito, e Carlos I dirixiu a política exterior inglesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e diplomático británico, conde de Clarendon (1838). Como embaixador do seu país en Madrid (1833-1839), interveu na vida política española en favor dos liberais. Foi gobernador de Irlanda (1847-1852) e ministro de Asuntos Exteriores (1853-1858), durante a Guerra de Crimea e noutras ocasións (1865-1866 e 1868-70).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mia Farrow.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de comunicación francés constituído en 2000 a partir de Vivendi, Canal+ e Seagram. Presidido por Jean-René Fourtou, é un dos líderes mundiais na distribución de música, cine, televisión, libros, telecomunicacións e internet. Ten unha forte presenza en España a través da súa participación en Sogecable; en selos musicais como Decca, Deutsche Gramophon ou MCA; e na produción editorial, con Alianza Editorial, Spes (froito da fusión de Larousse España e Vox), Anaya, Cátedra ou Pirámide.
-
PERSOEIRO
Matemático alemán. Contribuíu á teoría de funcións, estudou as funcións abelianas, as elípticas, as variables complexas, o cálculo de variacións e a converxencia das series.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Coñecida como Lauren Bacall, da súa filmografía destacaTo have and have not (1944), The Big Sleep (1946) ou Key Largo (1948). Desde a década de 1950 dedicouse ao teatro. Na súa filmografía recente destaca Misery (1990) e Prêt-a-Porter (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e crítico literario. Creou a Escola de Colonia, grupo baseado no Nouveau Roman francés. Expuxo as súas teorías literarias en Literatur und Veränderung (Literatura e cambio, 1969) e Die Auflösung des Kunstbegriffs (A disolución do concepto da arte, 1976), e aplicounas en diversas novelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director cinematográfico alemán. Membro da escola de Múnic, interesouse pola perda de identidade e polos ambientes marxinados. Da súa filmografía destacan Paris, Texas (1984, premiada en Cannes), Der Himmel über Berlin (O ceo sobre Berlín, 1987, premiada en Cannes), Buena Vista Social Club (1999) e The Million Dollar Hotel (2000, Silberner Bär).
VER O DETALLE DO TERMO -
MACIZO
Macizo dos Alpes de Baviera e do Tirol, formado por calcarias dolomíticas do Triásico medio, que culmina en Zugspitze.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Shirley Schrift.
-
REXIÓNS
Rexión do Transvaal, Suráfrica, formada por un outeiro rochoso de entre 1.500 e 1.800 m de altitude que separa a conca do Orange, que desemboca no Atlántico, da do Limpopo, que desemboca no Índico. Constitúe unha das rexións auríferas máis grandes do mundo, e tamén ten xacementos de uranio, platino e carbón.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Inglaterra, Reino Unido (1.761 km2; 542.107 h [2001]). A súa capital é Worcester.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta flamengo. Coñecido como Hugues C. Pernath, escribiu unha poesía hermética. Destacan Instrumentarium voor een winter (Instrumentario para un inverno, 1963) e Mijn tegenstem (A miña contravoz, 1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de roupa de punto, cerrada, con mangas e máis ou menos cinguida ao corpo, que se viste pola cabeza e cobre o corpo ata o van.