"Ede" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 837.
-
PERSOEIRO
Derradeiro rei de Bitinia (91-74 a C), fillo e sucesor de Nicomedes II. Aliado dos romanos, foi vencido (88 a C) por Mitridates VI de Ponto e tivo que abandonar a rexión, pero volveu coa axuda de Lucio Cornelio Sula.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e pedagogo musical suízo. Despois dunha época dedicado ao teatro, en 1853 reorganizou a academia musical de A. E. Choron co nome de Ecole Niedermeyer para formar mestres de capela e organistas. Escribiu misas, motetes e varias óperas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz. Iniciou a súa actividade teatral no grupo Minerva, para despois participar na creación, en 1991, da compañía profesional Teatro Galileo, coa que interveu en diferentes espectáculos como Nenerías, texto do que é autora.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, conde de Guilford. Foi chanceler do exchequer (1767), líder do Tory Party na Cámara dos Comúns (1767-1770) e primeiro ministro (1770-1782). Foi responsable das medidas que desencadearon a Guerra da Independencia das colonias de América do Norte. Formou parte do goberno de abril a decembro de 1783.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Cedeira en 1924 e que cesou en 1936. Apareceu co subtítulo “Periódico decenal democrático independiente impulsor del progreso de Cedeira, su comarca y limítrofes”. Impreso nos obradoiros tipográficos de Foxo en Ortigueira, foi un xornal local que saíu cada dez días.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Executar ou cumprir aquilo que alguén ordena.
-
Responder unha cousa conforme as instrucións ou as esixencias dunha persoa ou como contraposición a unha acción.
-
-
Acontecer algo como resposta a unha acción ou axente que actúa sobre algo ou alguén.
-
Ter algunha cousa a súa orixe ou causa en algo.
-
-
PERSOEIRO
Gran khan mongol (1229-1241), fillo e sucesor de Xenguis Khan. Estableceu a corte en Karakorum e adoptou modelos chineses na administración. Expandiu considerablemente o Imperio Mongol, e as súas razzias chegaron ata Corea polo L e ata preto de Viena polo O.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor e crítico literario. Formado na escola de Menéndez Pidal, xunto ao seu mestre fundou (1914) a Revista de Filología Española. Director do departamento de Español da Universidade de Columbia (Nova York), foi o promotor (1922) do Instituto de las Españas. Dirixiu a Revista de Estudios Hispánicos (1928-1929) e fundou (1934) a Revista Hispánica Moderna. É autor de Antología de la poesía española e hispanoamericana (1882-1932) (1934) e España en América (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Coñecido como Martov, naturalizouse ruso e foi membro fundador do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (POSDR). A partir do Congreso de Londres (1903) apartouse de Lenin e encabezou a fracción dos menxeviques. En 1923 refuxiouse en Alemaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito e xurista. Fundou a Sociedade de San Vicente de Paúl e as Conferencias de San Vicente de Paúl. En 1833 xuntouse con F. René de Chateaubriand, co conde de Montalembert, con Jean-Baptiste-Henri Lacordaire e outros católicos progresistas. Foi partidario do liberalismo político, polo que sufriu ataques diversos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e teórico da arte francés. En 1915 creou a revista L’Élan, onde expuxo os principios de purismo en pintura. En 1918 publicou, xunto con Le Corbusier, Aprés le cubisme, manifesto purista, do que desenvolveron as ideas na revista L’Esprit Nouveau (1920-1925). Instalado en Nova York (1938), abriu a Ozefant School of Fine Arts. Autor de Vie (1931-1938, París), publicou Art (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte carnosa da boca das vacas.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Iniciouse na fotografía co seu irmán Xosé en Ourense e formou (1899) unha pequena e breve sociedade cinematográfica con Xosé Gil, con quen realizou diversas exhibicións en Celanova, Verín, Braga, Porto e Lisboa. Asociouse en Vigo (1907) co estudo fotográfico de Cándida Otero, viúva de Filippo Prosperi. Co falecemento desta (1915), a galería Viuva de Prosperi-Pacheco pasou a ser de propiedade exclusiva de Xaime. Moitas das fotos realizadas por Filippo e Cándida foron posteriormente utilizadas por Pacheco, que continuou o catálogo de retratos e vistas da cidade que iniciara o fotógrafo italiano. Colaborador gráfico de Faro de Vigo, ABC, Blanco y Negro, Vida Gallega e, sobre todo, de El Pueblo Gallego, especializouse en retratos de estudo de xente anónima ou de persoeiros, como Carlos Maside, Ramón Cabanillas, Luís Seoane, Martínez Garrido ou A. Castelao, co que se converteu nun dos máis destacados de Vigo e de Galicia. O seu traballo, realizado cun amplo equipo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe do ciclo troiano, fillo de Nauplio e de Clímene. Participou como embaixador na guerra de Troia para esixir a devolución de Helena, e tamén foi a Ítaca para facer que Ulises cumprise coa promesa que lle fixera a Menelao de acudir a Troia. Foi acusado polo heroe de Ítaca de traizón e morreu lapidado polo exército.
-
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. Discípulo de M. Mierevelt e F. Hals, empregou o claroscuro como efecto técnico--compositivo nunha pintura costumista.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten as dedas unidas por unha membrana.
-
-
Relativo ou pertencente aos palmípedes.
-
Ave da antiga orde dos palmípedes.
-
Antiga orde de aves, establecida por G. Cuvier, que comprendía entre outras, os pingüíns, os pelicanos, os flamengos, as garzas e os abetouros. Esta clasificación quedou obsoleta.
-
-
-
PERSOEIRO
Escritor danés. Partiu dunha etapa romántica en que desenvolveu un estilo moi semellante ao de H. Heine, L. Musset e Lord Byron. Desta época destacan Raab til Polen (Berro a Polonia, 1831), Danserinden (A bailarina, 1833) e Amor og Psyche (Amor e Psique, 1834). A súa evolución cara a unha poesía amorosa e mitolóxica, antirromántica e ás veces pesimista, veu marcada polo poema épico satírico Adam Homo (1841-1849).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tumefacción non inflamatoria da papila óptica debida a un aumento da presión intracranial e á obstrución do fluxo venoso orbital. A causa máis frecuente son os tumores cerebrais.
-
-
-
Obra de fábrica relativamente ampla e de grosores diversos, que se levanta verticalmente e que serve para cerrar un espazo de terreo, para formar as caras laterais dunha casa ou dunha cámara, ou para soster a cuberta dunha construción.
-
parede apiñonada
Parede que remata en ángulo para soportar unha estrutura de cuberta a dúas augas.
-
parede de carga
Parede en que se apoian as trabes que forman a estrutura do chan.
-
parede de tres cuartos
Parede, menos grosa ca a parede medianeira, que se fai no interior das casas.
-
parede medianeira
Parede que pertence simultaneamente a dúas edificacións veciñas, baixo un réxime especial de indivisión que permite a cada propietario o seu aproveitamento ata a metade do seu grosor. OBS: Tamén se denomina medianeira e medianil.
-
parede mestra
Parede principal e máis grosa que nun edificio adoita soportar os arcos e as vigas.
-
-
Superficie ou cara lateral dun corpo.
-
-
Superficie que cerra ou limita unha cavidade ou un órgano.
-
...
-
-
-
PUNTA
Punta do litoral atlántico situada na parroquia de Corrubedo (Ribeira).
VER O DETALLE DO TERMO