"Imo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 631.

  • Que presenta trimorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten tres motores.

    2. Avión que vai provisto de tres motores, dispostos xeralmente dous nas ás e un no morro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocupa o lugar número trinta nunha serie.

    2. Que corresponde a cada unha das trinta partes en que se divide un todo.

    3. Cada unha das trinta partes en que se divide unha unidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Suposto primeiro bispo de Arles. Segundo Gregorio de Tours foi un dos bispos chegados ás Galias con san Denís de París. A súa festividade celébrase o 29 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Foi membro da escola de Ferrara, onde traballou ao servizo dos duques de Este. Influído pola forza plástica de Donatello, Mantegna e Piero della Francesca, o seu estilo caracterizouse por unha tensión dramática nas expresións e pola introdución de elementos decorativos fantásticos. Foi autor de obras como Primavera (1460-1463) ou Annunciazione (1469).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que vai ou está detrás de todos e non é seguido por ningún máis.

    2. Que é o máis novo ou recente.

    3. Que é o que está máis afastado ou distanciado.

    4. Que é o único que queda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocupa o lugar número once nunha serie.

    2. Que corresponde a cada unha das once partes en que se divide un todo.

    3. Cada unha das once partes en que se divide unha unidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que consta dun só módulo.

      1. Aplícase á matriz cadrada de determinante 1.

      2. Aplícase ao grupo de transformacións xeométricas representables por matrices unimodulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a unha molécula.

    2. Reacción que transcorre, en cada etapa elemental, coa participación dunha soa molécula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, político e economista. Foi conselleiro económico de Filipe V, a quen apoiou durante a Guerra de Sucesión Española e que o nomeou cabaleiro da orde de Santiago. Ministro da Xunta de Comercio e Moeda (1830) e secretario do rei no Consello e na Cámara de Indias, publicou Theórica y práctica de comercio y de marina (1824).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mártir. Bautizada, segundo a lenda, por san Marcial, bispo de Limoges, morreu decapitada. Segundo a tradición, colleu a cabeza entre as mans e dirixiu a vista dos verdugos ao altar, onde san Marcial estaba oficiando. Represéntase coa cabeza entre as mans. A súa festividade celébrase o 9 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Escribiu os nove libros dos Factorum ac ditorum memorabilium, obra que constitúe un manual onde retóricos e filósofos atopaban unha multitude de anécdotas perfectamente ordenadas (culto, cerimonias, etc), e que se converteu tamén nun modelo para os escritores medievais e renacentistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Estudou a crise da metafísica tradicional, á que opuxo unha ontoloxía da decadencia na que resultan secundarios os conceptos propios da metafísica. Destacan Poesia e ontologia (1967), Il soggeto e la maschera (1974), La fine della modernità (1985), La società trasparente (1989), Credere di credere (1996) e Dialogo con Nietzsche. Saggi 1961-2000 (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política francesa. Sobreviviu ao campo de concentración de Auschwitz. Foi a pimeira muller ministra de Francia cando V. Giscard d’Estaing a nomeou ministra de Saúde (1974-1979), cargo desde o que liberalizou o uso dos anticonceptivos e legalizou o aborto. Foi a primeira muller en acceder ao Parlamento Europeo en 1979 e volveu ser ministra de Saúde e Asuntos Sociais (1993-1995). Defensora dos dereitos humanos, sobre todo dos da muller e dos emigrantes, preside desde 2001 a Fundación para a Memora da Shoah (Holocausto). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cesta alta e estreita, feita de madeira, que se emprega na vendima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor brasileiro. Autodidacta, estreouse en 1932 co volume de contos Fantoches. A obra coa que acadou máis sona foi O Tempo e o Vento (1943-1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocupa o lugar número vinte nunha serie.

    2. Que corresponde a cada unha das vinte partes en que se divide un todo.

    3. Cada unha das vinte partes en que se divide unha unidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Viaxou por Oriente e residiu en Italia. Volveu a Francia en 1627, onde traballou para o rei e Richelieu, entre outros. Foi mestre de Le Sueur, Le Brun e Mignard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofa. A inquedanza mística aproximouna a un cristianismo na liña existencialista de Kierkegaard. As súas obras, publicadas postumamente, reflicten preocupacións sociais e relixiosas, como La pesanteur et la grâce (1947), La connaissance surnaturelle (1949), La condition ouvrière (1951), Attente de Dieu (1951) ou Oppression et liberté (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xeneral que ten o mando superior das forzas armadas dun país ou de todos os exércitos en campaña.

    VER O DETALLE DO TERMO