Veil, Simone

Veil, Simone

Política francesa. Sobreviviu ao campo de concentración de Auschwitz. Foi a pimeira muller ministra de Francia cando V. Giscard d’Estaing a nomeou ministra de Saúde (1974-1979), cargo desde o que liberalizou o uso dos anticonceptivos e legalizou o aborto. Foi a primeira muller en acceder ao Parlamento Europeo en 1979 e volveu ser ministra de Saúde e Asuntos Sociais (1993-1995). Defensora dos dereitos humanos, sobre todo dos da muller e dos emigrantes, preside desde 2001 a Fundación para a Memora da Shoah (Holocausto). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional (2005).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Niza