"Jos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1142.

  • PERSOEIRO

    Cantautor, profesor, escritor e político. Licenciado en Filosofía e Letras en 1960, exerceu a docencia ata que se dedicou en exclusiva ás súas facetas creativas. Participou na fundación da revista cultural Andalán, xunto con Eloy Fernández Clemente, e do Partido Socialista de Aragón (PSA). Foi deputado nas Cortes de Aragón pola Chunta Aragonesista (1999-2000) e deputado no Congreso de los Diputados na VII e VIII lexislaturas (2000-2008).
    Da súa discografía destacan os títulos Cantar y callar (1974), Tiempo de espera (1975), Que no amanece por nada (1978), Las cuatro estaciones (1981), Aguantando el temporal (1985), Diario de un náufrago (1988), Canciones de amor (1993), Paisajes (1997) e Vayatrés (2009). Publicou, entre outras obras, Sucede el pensamiento (1959), Recuerdos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista occitano. Foi o fundador das estacións de bioloxía mariña de Rosco, en 1873, e de Banyuls de la Marenda, en 1882, o actual Laboratorio Aragón, que dirixiu ata 1901.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Titulada en Arte Dramático polo Instituto del Teatro y de las Artes Escénicas de Asturias, comezou a súa actividade en colectivos teatrais como Orballo Teatro ou nos talleres do propio Instituto de Teatro, con profesores como Etelvino Vázquez ou Jaroslaw Bielski. Amais dos espectáculos que realizou coa compañía Nove Dous, tamén participou en Xelmírez ou a groria de Compostela (1999), do Centro Dramático Galego, e Ultimamente non durmo nada (1999), de Teatro da Lúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e economista. Foi delegado provincial en Ourense da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e da Consellería de Cultura e Xuventude. Ocupou o cargo de deputado do Parlamento Galego por UCD (1981-1985) e polo Partido Popular (1990-1997) e foi secretario da Confederación Empresarial de Ourense (1977-1981) e secretario e presidente de Caixa Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Traballou en L’École Polytechnique de París. Foi o continuador da obra de Euler e traballou en moitos campos, como o das ecuacións diferenciais ou as probabilidades. Estudiando as ecuacións de grao superior en cuarto, indicou as bases da futura teoría de grupos. Tamén ideou o método de interpolación que leva o seu nome, definiu o concepto de enerxía potencial e descubriu os puntos de Lagrange.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eséxeta francés. En 1879 entrou na orde dominicana. Foi activo promotor do estudo crítico da Biblia no campo católico. Entre as súas numerosas obras destacan os comentarios aos catro Evanxeos e a Introdution à l’étude du Noveau Testament (1933-1937), en tres volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Progresista, participou na Revolución de 1854 e na Guerra de África. Desterrado en 1862, participou nos preparativos da Revolución de 1868 e despois foi capitán xeneral das dúas Castelas e deputado nas Cortes da Primeira República (1873). A Restauración borbónica desterrouno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Traballou na Academia de París (1753), foi profesor do Colexio de Francia (1762) e director do Observatorio de París (1795). En 1751 colaborou con Lacaille na medida da paralaxe lunar, facendo as observacións desde Berlín mentres Lacaille traballaba no cabo Boa Esperanza. Publicou táboas coas posicións dos planetas e do cometa Halley. Deu a coñecer as posicións de 50.000 estrelas e publicou obras de divulgación astronómica, como Histoire celeste française (1801) e Traité d’Astronomie (1764).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. En 1798 fundou unha escola en Southwark (Londres) onde aplicou o sistema mutuo ou monitorial system de ensino ideado por Andrew Bell. Este método consistía en que os alumnos máis adiantados debían instruír os demais e, a diferenza de A. Bell, Lancaster primaba o ensino das nocións elementais, que podían ser de utilidade na vida, sobre o ensino moral ou relixioso. Destaca a súa obra The British System of Education (1810).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Cunha orquestra propia puxo de moda o vals vienés, popularizados por Johann Strauss. Compuxo máis de douscentos, dos que destacan Die Werber e Hofballtänze.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Discípulo de Gandhi, é autor de obras nas que denuncia a violencia e as virtudes esquecidas do mundo moderno. Publicou Le Pèlerinage aux sources (1943), Approches de la vie intérieure (1962), Enfances d’une pensée (1970), La trinité spirituelle (1971) e Rien qui ne soit tout (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Catedrático de farmacoloxía das facultades de medicina de Cádiz, València e da Universidade Autónoma de Barcelona, da que foi reitor (1976-1980), foi conselleiro de Sanidade (1980-1987), membro de numerosas sociedades científicas e do consello de redacción de diversas revistas especializadas. Publicou numerosos traballos sobre temas variados, especialmente relacionados coa farmacoloxía do sistema nervioso vexetativo, do sistema hormonal tiroideo e dos efectos das drogas, este reflectido na obra Les drogues (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor. Despois da Guerra Civil (1936-1939) instalouse en Barcelona, onde levou a cabo o seu labor editorial. Fundou a Editorial Planeta en 1949, que publica preferentemente obras de autores en lingua castelá, e en 1952, instituíu o Premio Planeta, un dos máis importantes do mundo da literatura castelá. Recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito Cultural da Deputación de Barcelona e a Creu de San Jordi da Generalitat de Catalunya (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudou debuxo e pintura. Colaborou en Guía de las rutas de Galicia e escribiu Os nosos cruceiros (1993), ilustrado con debuxos seus. Realizou exposicións individuais e colectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico irlandés. Creou importantes teorías sobre a estrutura atómica e o comportamento dos electróns, e ampliou os conceptos clásicos da termodinámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista romántico. Educado en Francia e influído polo neoclasicismo, dedicouse á literatura, á crítica e á política no ámbito liberal. Escribiu poesía e teatro, pero sobre todo destacou pola súa actividade crítica nos periódicos El duende satírico del día (1828) e El pobrecito hablador (1832-1833), onde asinaba cos pseudónimos de El duende solitario e Juan Pérez de Murgía. O corpus de artigos máis importantes publicounos en La revista española baixo o pseudónimo de Fígaro, unha visión amarga e lúcida de diversos aspectos da vida e da sociedade españolas, moi marcadas pola corrupción, nun ton humorista e satírico. A súa recompilación de artigos máis salientable recóllese baixo o título de Artículos de costumbres o escenas de la vida española. Os artigos de literatura e teatro son particularmente interesantes pola súa visión crítica renovadora, incisiva e científica. O seu castelán, flexible e sobrio, converteuse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés. Profesor da London School of Economics, foi membro do Labour Party. Partidario da amizade anglosoviética, participou na redacción do programa de goberno de Clement Attlee (1945). Escribiu The Rise of European Liberalism (1936) e Reflections on the Revolution of Our Time (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante, escritor e músico francés. Estableceuse en Montpellier desde 1829, onde foi organista. Amigo de Mendelssohn e Schumann. Escribiu e ilustrou Souvenirs d’un voyage d’art à l’île de Majorque (1840).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado, publicista, marchante e coleccionista de arte. Estableceuse en Madrid, onde comezou a intervir en negocios de compravenda de obras de arte. Fundou as revistas La España Moderna, Revista Internacional e La Nueva Ciencia Jurídica. Trala proclamación da Segunda República foise a París e despois a Nova York. Volveu a Madrid na posguerra e reuniu as súas obras de arte no seu palacete de Parque Florido, coas que se creou o Museo Lázaro Galdiano, inaugurado en 1951 e dependente da Fundación Lázaro Galdiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Capuchino. Coñecido como de Père Joseph, desde 1624 foi conselleiro de Richelieu e o seu axente en política exterior, feito que lle valeu o sobrenome de eminencia gris. A súa oposición a Austria, provocou a intervención francesa na Guerra dos Trinta Anos.

    VER O DETALLE DO TERMO