Larra y Sánchez de Castro, Mariano José de
Escritor e xornalista romántico. Educado en Francia e influído polo neoclasicismo, dedicouse á literatura, á crítica e á política no ámbito liberal. Escribiu poesía e teatro, pero sobre todo destacou pola súa actividade crítica nos periódicos El duende satírico del día (1828) e El pobrecito hablador (1832-1833), onde asinaba cos pseudónimos de El duende solitario e Juan Pérez de Murgía. O corpus de artigos máis importantes publicounos en La revista española baixo o pseudónimo de Fígaro, unha visión amarga e lúcida de diversos aspectos da vida e da sociedade españolas, moi marcadas pola corrupción, nun ton humorista e satírico. A súa recompilación de artigos máis salientable recóllese baixo o título de Artículos de costumbres o escenas de la vida española. Os artigos de literatura e teatro son particularmente interesantes pola súa visión crítica renovadora, incisiva e científica. O seu castelán, flexible e sobrio, converteuse en modelo para moitos autores, especialmente para os membros da Xeración do 98. Publicou a novela El doncel de Don Enrique el Doliente (1834) e a obra de teatro Macías (1834).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Madrid -
Deceso