"PLA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 722.
-
PERSOEIRO
Escritor ruso. Coñecido como Andrej Platonov, seguiu a liña de Gogol’, Leskov e Remizov. Publicou relatos, como Epifanskije šl’uzy (Presas de Epifanía, 1927). Defensor inicial dos ideais da revolución, criticou a burocracia en Gosudarstvennyj žitel (O habitante do goberno, 1929). Desencantado e crítico co réxime, prohibíuselle publicar a raíz da novela Vprok (1931). En 1991 publicouse Schastlivaia Moskva (A feliz Moscova, 1932-1936), novela descuberta nos arquivos do KGB.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Nebraska Río de EE UU, afluente pola dereita do Missouri, formado pola conxunción do North Platte e o South Platte. Ten unha lonxitude de 500 km.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de insectos, da orde dos odonatos, que presentan as patas aplanadas, a librea branca e manchas de cor verde bronce no corpo. Na Península Ibérica están presentes as especies P. acutipennis, P. latipes e P. pennipes.
-
CIDADES
Cidade de Saxonia, Alemaña, situada preto da fronteira coa República Checa (72.300 h [1990]). A súa economía baséase en industrias téxtiles de antiga tradición.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
plausible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de plausible.
-
-
Que é digno de aprobación ou gabanza.
-
Que é aceptado como verdadeiro, ou considerado aceptable ou razoable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso inflamatorio de tipo úlcero-necrótico, propio da mocidade, que consiste na afección subaguda das amígdalas e a farinxe. Está producido pola especie Heliconema vincenti.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Plauto.
-
PERSOEIRO
Comediógrafo latino. Segundo Aulio Gelio, obtivo os maiores éxitos quince anos despois da representación das primeiras obras de Nevio (235? a C) e coma este cultivou a comedia palliata. Inicialmente, encargouse da adaptación de comedias gregas, á vez que observaba os costumes dos distintos estratos da sociedade romana. A súa sona fixo que, xa morto, circulasen por Roma máis de 130 comedias apócrifas. Xunto con outros críticos, Varrón realizou a selección transmitida polos manuscritos e determinou que obras cumpría considerar como autenticamente plautinas: Asinaria, Aulularia, Bacchides, Captivi, Epidicus, Menaechmi, Miles gloriosus, Persa, Trinummus, Truculentus e Vidularia, entre outras. Co seu teatro, en que introduciu algúns aspectos autobiográficos, tendeu a renovar definitivamente a escena romana e manexou cun virtuosismo extraordinario os metros dos diálogos ou dos cantica....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘oblicuo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen comete un plaxio.
-
-
Delito penado no dereito romano que consistía en facer pasar unha persoa libre por escrava. Nel incorría quen adquiría, alienaba ou traficaba con persoas coñecendo a súa condición de libres.
-
-
Copia ou imitación fraudulenta dunha obra allea, literaria ou artística, ou de parte dela, sen indicar a fonte de procedencia.
-
Obra que contén plaxios.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
plaxi(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deformidade que consiste nunha cabeza asimétrica e oblicua, de xeito que a máxima lonxitude non é a liña media senón a diagonal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie isomórfica de aluminosilicatos de sodio e calcio, de fórmula química (Ca, Na) (AlSi) AlSi2O8, que se forman a partir de dous compoñentes do grupo dos feldespatos, albita e anortita, en distintas proporcións. Teñen distintas denominacións segundo a súa composición química, é dicir, segundo sexa o seu contido na compoñente albita e na compoñente anortita. A serie queda definida pola albita, a oligoclase, a andesita, a labradorita, a bytownita e a anortita. Cristalizan no sistema triclínico, hábito tubular ou tubular prismático e densidade da albita 2,62 g/cm3 e da anortita 2,76 g/cm3. Son facilmente alteradas pola hidrólise e descompóñense en arxilas que fan moi fráxiles as rochas das que forman parte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao plaxioclase.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao plaxiotropismo.