plaxioclase
plaxioclase
(< plaxio- + -clase)
s
m
[MINERAL]
Serie isomórfica de aluminosilicatos de sodio e calcio, de fórmula química (Ca, Na) (AlSi) AlSi2O8, que se forman a partir de dous compoñentes do grupo dos feldespatos, albita e anortita, en distintas proporcións. Teñen distintas denominacións segundo a súa composición química, é dicir, segundo sexa o seu contido na compoñente albita e na compoñente anortita. A serie queda definida pola albita, a oligoclase, a andesita, a labradorita, a bytownita e a anortita. Cristalizan no sistema triclínico, hábito tubular ou tubular prismático e densidade da albita 2,62 g/cm3 e da anortita 2,76 g/cm3. Son facilmente alteradas pola hidrólise e descompóñense en arxilas que fan moi fráxiles as rochas das que forman parte.