"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
-
Amasar por segunda vez o pan ou algunha masa similar antes de cocelo.
-
Pisar algo para reducir o seu volume.
-
-
-
Disciplina científica que estudia o sistema dunha lingua ou grupo de linguas. Por extensión, tamén o propio sistema en si, isto é, o conxunto de regras que o conforman. A gramática é a disciplina nuclear da lingüística, pois estudia os fenómenos lingüísticos considerados en si mesmos, sen atender ás súas vinculacións cos factores sociais, culturais e biolóxicos das linguas nin á aplicación práctica dos seus coñecementos nin aos factores de variación situacional e espacial da lingua. O estudo da gramática organízase metodoloxicamente en compoñentes. Existen dúas grandes concepcións da gramática: unha ampla, que abrangue todas as compoñentes da linguaxe (fonética, fonoloxía, morfoloxía, sintaxe e semántica léxica), e outra máis restrinxida, que se limita ao estudo das unidades biplanas (dotadas de significante e significado) e que abrangue unicamente a morfoloxía e a sintaxe (exclúese o estudio da fonética, fonoloxía e semántica léxica). En calquera caso, a gramática pode estudiarse cunha...
-
Gramática que se centra no estudo das relacións dependenciais ou conectivas, explorando os vínculos entre as partes que integran a estrutura oracional. Desenvólvese basicamente a partir da obra do gramático francés Lucien Tesnière (1959) quen, rexeitando a división dominante da oración en suxeito e predicado, sitúa o verbo (predicado) como núcleo da oración, nó do que dependen os elementos a el subordinados, que poden ser actantes (complementos seleccionados polo verbo, conforme a súa valencia) ou circunstantes (complementos adicionais). As súas ideas foron desenvolvidas, sobre todo, na lingüística alemá (Escola de Leipzig); ademais existen outros diferentes modelos de gramáticas dependenciais, como os de Allerton, Hudson (Word Grammar) ou Mel’čuk (Dependency Syntax). Ademais, moitas nocións deste modelo foron incorporadas tanto ás gramáticas xenerativas como ás funcionais.
-
Gramática que concibe e analiza a lingua como un sistema de elementos que manteñen relacións entre si e o valor dos cales depende da súa posición no sistema. Oponse ao atomismo da gramática precedente e prima, fronte a aquela, a sincronía (aínda que tamén se ten desenvolvido unha gramática histórica estrutural). Considérase ao lingüista suízo F. de Saussure (Cours de linguistique générale, 1916) o iniciador do estruturalismo e da lingüística contemporánea, coas súas dicotomías lingua/fala, sincronía/diacronía, a teoría do signo e, por suposto, a noción de sistema. Pódese afirmar que a maior parte da gramática do s XX ou é estruturalista ou deriva dalgún xeito desta corrente, mesmo por reacción. As principais escolas continuadoras do estruturalismo saussureano foron a glosemática de L. Hjelmslev, a gramática funcional do Círculo de Praga e, de xeito máis indirecto, o estruturalismo americano de L. Bloomfield (distribucionalismo). Na lingüística hispánica as ideas estruturalistas...
-
Gramática que, por oposición á funcional, concibe a lingua como un conxunto de oracións ben formadas, formalizables mediante un número limitado de regras. Vinculan a linguaxe á facultade do pensamento, concibíndoa como unha propiedade innata e universal á especie humana, e constrúe unha gramática orientada ao sistema (á competencia), que reflite as propiedades lóxicas das linguas, facendo abstracción das condicións do seu uso en situacións comunicativas concretas. No s XX as gramáticas xenerativas son o modelo de gramática formal máis espallado.
-
Gramática que concibe a lingua como unha institución social propia dunha comunidade e que ten como función básica a interacción comunicativa entre os membros desa comunidade. Con estes postulados constrúense unhas gramáticas orientadas ao uso, no que o estudo do sistema ten que facerse dentro do marco da pragmática. Considérase que a lingua non debe ser estudada como un puro aparato formal, ignorando o seu uso social, pois xúlgase que o sistema lingüístico se conforma tal e como é xustamente en función desa finalidade comunicativa, e non á marxe dela. Nas gramáticas funcionais as relacións gramaticais básicas son as funcións, que se conciben como prolongación dos roles sociais e comunicativos da lingua e adoitan analizarse como unha noción complexa, organizada en tres niveis ou estratos: sintáctico, semántico e pragmático ou informativo. Entre as múltiples correntes funcionalistas presentes na lingüística contemporánea destacan a da Escola de Praga (Functional Sentence Perspective), a gramática...
-
Corrente lingüística que concibe a gramática como un mecanismo formado por un conxunto finito de regras que permiten formar (xerar) dedutivamente un número infinito de oracións: todas as posibles dunha lingua e só as posibles. Existen gramáticas xenerativas non transformacionais, que rexeitan a existencia de transformacións, como a gramática categorial de Bar-Hillel, que desenvolve as ideas de Ajdukiewicz, as gramáticas de estrutura de frase (GPSG de Gazdar, HPSG de Pollard e Sag) ou a gramática léxico-funcional de Bresnan. Existen, paralelamente, diversos modelos de gramáticas xenerativas transformacionais, como as deseñadas por Harris, o lingüista soviético Shaumian (modelo aplicativo-xenerativo), e, sobre todo, a iniciada por Noam Chomsky en 1957 (coa publicación de Syntactic Strutures), de gran difusión e dinamismo. O núcleo deste modelo atópase na compoñente sintáctica, integrada por dúas subcompoñentes: unha compoñente de base, conformada polas regras de estrutura de frase e o lexicón,...
-
-
-
Relativo ou pertencente á gramática.
-
Que se axusta ás regras ou normas da gramática.
-
-
-
Calidade de gramatical.
-
Disposición biolóxica do home para aprender unha lingua.
-
Grao de diverxencia dun texto da norma lingüística, fundamental na competencia lingüística do falante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Subordinación esaxerada ás regras da gramática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso polo que unha palabra ou expresión se converte en simple instrumento gramatical coa perda do seu contido significativo inicial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Producir(se) unha gramaticalización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en gramática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
gramaticalización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
gazumelo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Morfema gramatical, por oposición aos morfemas léxicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de antibióticos que produce a bacteria Bacillus brevis. A súa estrutura química reponde á dun polipéptido ciclopeptídico que existe en diferentes variedades: a gramicidina D, a J1, a J2 e a S (a máis importante), que se diferencian polo distinto contido en aminoácidos da cadea polipeptídica. A gramicidina descubriuna e preparouna René J. Dubos, do Instituto Rockefeller. Emprégase en aplicacións tópicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que se emprega en carpintería ou outros oficios para trazar liñas paralelas a pouca distancia dos bordos da madeira, e que consiste nunha regra con punzón fixo nun dos seus extremos e un tope que corre ao longo dela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
poáceo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
poáceo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que produce cereais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se parece ás gramíneas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se nutre de cereais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se parece ou ten aparencia de gramínea sen selo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escribán ou funcionario oficial encargado na antiga Grecia do rexistro e da conservación de documentos, e tamén de facer a súa lectura na asemblea. Posteriormente, empregouse no sentido de secretario ou home de letras.