gramicidina

gramicidina
s f [MICROB]

Grupo de antibióticos que produce a bacteria Bacillus brevis. A súa estrutura química reponde á dun polipéptido ciclopeptídico que existe en diferentes variedades: a gramicidina D, a J1, a J2 e a S (a máis importante), que se diferencian polo distinto contido en aminoácidos da cadea polipeptídica. A gramicidina descubriuna e preparouna René J. Dubos, do Instituto Rockefeller. Emprégase en aplicacións tópicas.

Palabras veciñas

gramatización | gramelo | gramema | gramicidina | gramil | gramináceo -a | gramíneo -a