"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cártel que as grandes empresas químicas alemanas constituíron en 1925 para afrontar a grave crise económica. Converteuse nunha potencia internacional, grazas ao labor de investigación que permitiu avances técnicos importantes na industria química mundial. Rematada a Segunda Guerra Mundial, dividiuse e deu lugar a tres grandes sociedades: Basf, Bayer e Hoechst.
-
CAPITAIS
Capital da rexión de Highlands, Escocia, Reino Unido (45.000 h [estim 2000]), situada no fondo da Moray Firth, na ría que forma a desembocadura do río Ness, emisario do lago homónimo. É un importante porto pesqueiro e comercial, núcleo turístico, ademais de centro da industria eléctrica, mecánica e das destilerías de whisky.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estación Espacial Internacional.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Costa de Marfil (3.590 Km2; 195.663 h [1988]). A súa capital é Issia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Kirguizistán (43.100 km2; 413.149 h [1999]). A súa capital é Issyk-kul’ (64.300 h [1993]).
-
PERSOEIRO
Político estadounidense. Colaborador de M. Luther King na loita polos dereitos da raza negra, en 1971 creou o People United to Serve Humanity (PUSH). Foi candidato do Democratic Party nas presidencias de 1983 e 1988. Na década de 1990 exerceu como mediador en numerosas misións de paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñecen as reunións de carácter informal de músicos de jazz nas que estes interpretan e improvisan sobre temas diversos sen suxeitarse a unha programación previa.
-
PERSOEIRO
Bandido estadounidense. Loitou coa guerrilla sudista durante a Guerra de Secesión e, posteriormente, foi xefe dunha banda que adquiriu notoriedade pola audacia dos seus asaltos a bancos e a trens.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da división de Dacca, Bangladesh (139.710 h [1991]), situada preto da fronteira coa India, ao SO de Dacca.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Paraíba, Brasil (594.922 h [2000]). A súa economía baséase na industria do cemento, do tabaco, téxtil e azucreira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués. Segundo a documentación talvez sexa o atestado como Johan Soarez de Valadares, nado na segunda metade do s XII e fillo de Soeiro Ares e dunha dama da nobreza galega. O seu patrimonio familiar situábase en terra de Valadares. Activo no primeiro cuarto do s XIII, posiblemente estivo vinculado á corte señorial dos Soverosa. Consérvanse 25 composicións da súa autoría transmitidas polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e, na súa maioría, polo Cancioneiro da Ajuda: 24 cantigas de amor e 1 escarnio persoal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor flamengo. Activo en Urbino en 1468, traballou para Federico de Montefeltro. O seu estilo, aínda gótico, humanizouse co contacto cos renacentistas italianos. Da súa obra destaca A comuñón dos apóstolos.
VER O DETALLE DO TERMO -
MACIZO
Macizo montañoso do Mont Blanc, na fronteira franco-italiana. A súa maior altitude acádase no monte Walker, de 4.209 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e botánico. Creou un método para clasificar as plantas que completaba e melloraba o de Linné.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico e médico. Participou na expedición a Perú de C. de la Condamine. Introduciu en Europa o heliotropo e diversas plantas ornamentais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e pintor. Participou na revolución de 1919. Entre os anos 1947 e 1956 non puido publicar nada, por mor da súa tendencia formalista. Da súa obra, cómpre salientar Angyalföld (1928) e Egy ember élete (Vida dun home, 1927-1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
CABOS
Cabo máis occidental da Península Calcídica, na rexión de Macedonia, Grecia, proxectado cara ao Mar Mediterráneo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Hessen, Alemaña (196.211 h [2000]). É un porto fluvial no Fulda, afluente do Weser. A súa economía baséase na produción de máquinas e vagóns de tren, produtos téxtiles e fibra artificial. Foi reconstruída despois da Segunda Guerra Mundial. Desde 1955 celébrase nela a Documenta, mostra cuatrienal de arte contemporánea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político iraquí. Participou no golpe de estado (1958) que derrocou a monarquía. Acadou a xefatura do goberno, instaurou un réxime nacionalista e neutralista e opúxose ás compañías petroleiras, buscando apoio nos comunistas. Foi apresado e executado despois do golpe de estado de 1963.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Tunisia (8.066 km2; 416.300 h [estim 2000]). A súa capital é Kasserine (47.606 h [1984]).