Kassel
Kassel
Cidade do land de Hessen, Alemaña (196.211 h [2000]). É un porto fluvial no Fulda, afluente do Weser. A súa economía baséase na produción de máquinas e vagóns de tren, produtos téxtiles e fibra artificial. Foi reconstruída despois da Segunda Guerra Mundial. Desde 1955 celébrase nela a Documenta, mostra cuatrienal de arte contemporánea.