"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

  • Que pode ser resarcido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de resarcir ou de resarcirse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Compensar a alguén dalgunha maneira por un dano ou prexuízo sufrido.

    2. Obter unha compensación por un prexuízo ou dano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rezar responsos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor de carácter maligno que se forma a partir das células do sistema reticuloendotelial. Considérase que é un linfoma distinto do da enfermidade de Hodgkin.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pospor unha actividade que se tiña prevista.

    2. Datar unha cousa nun tempo anterior ao fixado.

    3. Mover cara a atrás as agullas dun reloxo ou facer que ande máis lentamente.

    4. Obstaculizar a realización ou o decorrer normal de algo.

    5. Non funcionar debidamente un reloxo.

    6. Avanzar cara a atrás dende o punto no que se está.

    7. Chegar máis tarde do esperado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pospor unha actividade que se tiña prevista.

    2. Datar unha cousa nun tempo anterior ao fixado.

    3. Mover cara a atrás as agullas dun reloxo ou facer que ande máis lentamente.

    4. Obstaculizar a realización ou o decorrer normal de algo.

    5. Non funcionar debidamente un reloxo.

    6. Avanzar cara a atrás dende o punto no que se está.

    7. Chegar máis tarde do esperado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Repetir un verso dunha composición despois de cada estrofa ou de cada un dos outros versos.

    2. Responder, xeralmente en ton irónico, unha pregunta ou comentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Examinar algo con detenimento para corrixir os erros.

    2. Examinar unha cousa despois de certo tempo para comprobar o seu estado ou poñela a punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agustín Fernando Muñoz Sánchez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rois baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Colombia (4.140 km2; 944.298 h [estim 2000]). A súa capital é Pereira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Bispo de Ourense desde 1876, condenou a obra Aires da miña terra de M. Curros Enríquez, por atacar e ridiculizar algúns dos dogmas da Igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Estudou farmacia e medicina en Santiago de Compostela, e cofundou El Ciclón e El Tricornio. Director de El Correo Gallego en Ferrol, colaborou en diversos medios xornalísticos. É autor do libro de poemas Muestras sin valor (1884), da recompilación de reportaxes Esbozos y siluetas de un viaje por Galicia (1890), do libro de poemas Escumas e brétemas galegas (1923), con influencias de Curros Enríquez, E. Pondal e os membros da Cova Céltica; e dunha autobiografía, titulada Evocaciones. Foi membro da Real Academia Galega (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fitopatólogo. Especialista en bacterioloxía agrícola, traballou na Estación de Fitopatoloxía Agrícola da Coruña e foi membro do CSIC. Publicou numeros artigos de investigación sobre patoloxía vexetal, dos que destaca Plan de lucha contra las plagas del campo que actualmdetne pueden ser combatidas (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés. Dedicouse plenamente ao estudo erudito no colexio de Coqueret, baixo a dirección do helenista Dorat. Alí formouse no núcleo da escola que foi coñecida como La Pléiade, da que Ronsard foi o precursor, ademais de inspirador da Defense et Illustration de la langue française (1549) de Du Bellay. Enriquecedor da lingua poética, perfeccionou o soneto. A primeira obra foi Odes (1550-1552), seguida dos sonetos Les amours (1552). Escribiu tamén Las folastries (1553), Le bocage (1554), La continuation des amours (1555-1556), a súa obra de estilo máis persoal, e Les Hymnes. Debido ao fracaso de La Franciade (1572), retirouse da carreira pública, e, finalmente, escribiu Les amours d’Hélène (1578).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Práctica devocional que se orixinou no s XII e foi difundida polos cistercienses. Consistía en rezar 150 avemarías en lembranza dos 150 salmos; por iso tamén se chama salterio de María. San Domingos de Guzmán engadiulle a contemplación dos misterios ou episodios da vida de Cristo e da nai de Deus. Así a devoción quedou dividida en tres partes, cada unha delas con cincuenta avemarías repartidas en cinco de dez, iniciándose coa contemplación dun misterio (de gozo, dor ou gloria) e un nosopai, e acabando cun gloria.

      2. rosario da aurora

        Devoción practicada colectiva e procesionalmente polos cargos dunha poboación e que consistía en cantar o rosario na primeira hora da mañá. Facíase en datas sinaladas, concretamente o primeiro domingo de maio ou Rosario de Maio e a primeira semana de outubro, arredor da festa do Rosario, que se celebra o primeiro domingo de outubro.

      1. Sarta de doas, agrupadas de dez en dez, separadas por unha doa máis ou menos grosa e unidas por un fío ou cadea que as atravesa. Con el cóntanse as avemarías e os glorias do rosario.

      2. Nome xenérico dado, nas relixións non cristiás, ás sartas de doas que se utilizan para contar pregarias.

    1. Serie longa de cousas relacionadas.

    2. columna vertebral.

    3. Manifestación de raquitismo que consiste na aparición dunhas nodosidades en serie ao longo da unión das costelas cos cartílagos costais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Sor. Nace na serra da Faladoira e desemboca na parroquia das Grañas do Sor (Mañón).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Santa Fe, Arxentina, na rexión Litoral (1.121.441 h [2001]). Sitúase á dereita do río Paraná, e destaca polo seu importante centro comercial e polo seu porto fluvial. Posúe unha refinaría de petróleo. Fundouna en 1725 Francisco Godoy a carón dun antigo poboado de indios e creceu arredor dunha capela dedicada á Nosa Señora do Rosario, que se converteu nun centro de peregrinación. Constituíu un forte apoio para o proceso de independencia de Arxentina e foi o centro creador da súa bandeira (1812). Desde 1859, e grazas á construción dun peirao sobre o río, iniciou o seu proceso de desenvolvemento e modernización.

    VER O DETALLE DO TERMO