"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

    1. Acción e efecto de entallar.

    2. Gravado ou escultura en madeira.

    3. Corte que se fai nunha peza para ensamblala con outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de entortar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está endurecido.

    2. Que está enfadado ou de mal humor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista cultural en galego aparecida en Santiago de Compostela a partir do 27 de marzo de 1984. Cesou a súa edición en 1986 e tirou do prelo 22 exemplares, xunto cun especial dedicado a Carlos Velo. Editada pola Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, dirixiuna Luís Álvarez Pousa. Composta por números monográficos, atendeu temas como as artes plásticas, o teatro, o cine, a fotografía e as bibliotecas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entretallamento en baixorrelevo ou media talla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de envergar.

      1. Ancho dunha vela envergada.

      2. Conxunto de todos os envergues dunha vela.

      1. Distancia entre os extremos das ás dun animal cando este as ten completamente despregadas.

      2. Distancia entre os extremos das alas dunha aeronave.

      1. Corpulencia dunha persoa ou dun animal.

      2. Tamaño dunha cousa.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cousa que envolve algo ou coa que se envolve algo.

    2. Aparencia externa de algo ou de alguén que normalmente adoita ser todo o contrario do que aparenta.

    3. Perfil imaxinario que pecha un obxecto en aplicacións de deseño ou de retoque fotográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de envorcar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de enxaboar ou enxaboarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de enxaugar.

    2. Líquido para enxaugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de enxesar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao espazo que está situado entre a duramáter espiñal e a parede da canle vertebral, dende o orificio occipital ata o extremo inferior da canle sacra.

    2. Substancia medicamentosa ou anestésica que se introduce no espazo epidural da rexión sacra. Realízase na administración de fármacos en certos tratamentos analxésicos e, sobre todo, na asistencia obstétrica no momento do parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bordo lateral e dobrado dos élitros dos coleópteros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Producirse unha explosión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer buracos a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de escaldar ou escaldarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de escamar.

    2. Eliminación, por desprendemento, en forma de escamas ou de membranas, das células do estrato superficial ou córneo da epiderme.

    3. Forma de meteorización consistente na fragmentación das rochas en placas delgadas. Prodúcese polo aumento de volume dos grans de silicatos ao hidratarse, ou ben por cambios térmicos bruscos. É frecuente nas rochas con planos de xistosidade e tamén en rochas macizas (granitos, basaltos, etc), que dan orixe a bloques redondeados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de arquitectura pertencente á Universidade da Coruña. Situada no campus da Zapateira, trátase da única escola de arquitectura de Galicia. Creada ao abeiro do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia por decreto do 17 de agosto de 1973, inaugurouse en 1975. Ao edificio creado coa fundación da escola, uniuse unha segunda construción que acolle os departamentos e os estudios de terceiro ciclo. A dirección do centro correspóndelle á Xunta da Escola e ao Equipo de Dirección. Os estudios baséanse no plano de 1995 que estableceu tres especialidades, Tecnoloxía, Teoría e Deseño e Urbanismo, para acadar o título de arquitecto. Dispón de biblioteca, con hemeroteca e mediateca; laboratorio de deseño asistido; biblioteca de materiais; laboratorio de materiais; laboratorio de medios audiovisuais; laboratorio de fotografía; e taller de maquetas. Mantén convenios coa Deputación da Coruña e coa Xunta de Galicia para a elaboración do inventario do patrimonio arquitectónico da provincia da Coruña....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de arquitectura pertencente á Universidade Politécnica de Catalunya dende 1971. Ademais dos estudios de arquitectura inclúe os de paisaxismo e deseño. Ten a súa orixe nos estudios establecidos na Llotja (1817-1850) e na Escola de Mestres de Obras (1850-1869). En 1869 fundouse a Escola Politécnica Provincial que comprendía unha escola de arquitectura, que en 1874 pasou a formar parte da Universidade e en 1875 denominouse Escola Superior de Arquitectura. Facilitou a aparición do modernismo aínda que a súa orientación foi moi académica e recibiu críticas de A. Gaudí e do GATPAC. O seu clasicismo conformou o novecentismo e o monumentalismo da posguerra, e nos anos sesenta tentou introducir a arquitectura do movemento moderno. Formáronse nela algúns arquitectos galegos como X. M. Bartolomé Argüelles, X. M. Casabella e X. Estévez Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO