"Vic" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 942.

  • GALICIA

    Crítico da arte, escritor e político. Foi gobernador civil da provincia de Isabela (Filipinas) entre 1898 e 1899, onde o martirizaron, sentenciaron a morte e mantiveron como prisioneiro de guerra. Escribiu Anales del Teatro y de la Música. Año Primero 1883-1884 (1884), obra fundamental para o coñecemento da vida teatral e musical madrileña de finais do s XIX, e Pérdida de la Provincia de la Isabela de Luzón (Islas Filipinas) (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, xornalista e político. Foi director xeral de Prisións e creou a Escola de Criminoloxía. Foi deputado por Ourense en doce lexislaturas entre 1872 e 1919 e fundou o xornal El Miño (1898), desde onde defendeu as ideas de U. Montero Ríos. Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. Formado en Madrid, Múnic e Viena, exerceu como director da Orquesta Sinfónica de Asturias (1980-1988), director invitado da Orquesta Nacional de España (1987-1988), director titular e artístico da Orquesta Sinfónica de Tenerife, desde 1986, e simultaneamente, desde 1993, director musical da Orquestra Sinfónica de Galicia. Dirixiu, entre outras, a Philharmonia e a Royal Philharmonic de Londres, a Verdi de Milán, a Sinfónica de Berlín e Sinfónica de Helsingborg (Suecia). Recibiu o Premio Ondas (1992), o Premio Nacional de Música no apartado de interpretación (1995) e a Medalla de Oro de las Bellas Artes (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote e escritor. Especializado en teoloxía dogmática pola Universidad de Salamanca, pertenceu ao consello de redacción da revista Encrucillada, foi director da asociación e da revista Irimia e membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Das súas obras destacan A Xeración Nós. Galeguismo e relixión (1988), no que investigou o pensamento relixioso dos membros da Xeración Nós; Galegos e cristiáns: deus fratesque gallaeciae (1994), Do teu verdor cinguido. Ecoloxismo e cristianismo (1997), A romaxe de crentes galegos: de Irimia a Santa Margarida (1978-1997) (1998) e Con cordas de tenrura (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Formouse, xunto co seu marido Antón Abreu Bastos e con Demetrio Urruchúa, en Arxentina. Instalouse en España en 1973 onde formou parte, tamén xunto co seu marido, do Grupo da Prata, asociado ao movemento expresionista. Realizou retratos en pastel que destacaron pola elegancia atemporal dos ambientes e pola análise psicolóxica dos seus modelos, dentro dun marcado carácter surrealista. Das súas obras destacan Meigas de maíz (1987), El discreto encanto (1991), La abuela (1991), El llamado (1998) e Desnudos en la playa (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico e visual. Formouse no Centre Genevois de Gravure (1985-1989). Integrante da Comisión Técnica do Foro da Cultura Galega, foi director artístico dos programas audiovisuais Sitio Distinto e Galeguidade, e codirixiu o programa radiofónico O enemigo dentro. O seu traballo está influído por pintores como J. Miró ou V. Kandinskij e escritores como A. Rimbaud ou I. Calvino. A súa obra gráfica acadou un estilo a base de emulsións cromáticas suaves, que reúne historias íntimas ou imaxinarias. Realizou varias escenografías para obras de teatro. Da súa produción destacan Umbra (1990), Hacedor (1990) e a serie Labirintos e Esbirros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Combinou a fantasía e a tradición popular cos elementos sociais do momento. Escribiu teatro, novelas como Skazka o serom volke (Conto do lobo gris, 1960) e libros de divulgación científica para nenos, dos que destacan Kem byt’? (Quen é?, 1946) e Skazka o strane Terra-Ferro (Conto do país Terra-Ferro, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Coñecido como Maksim Gor’kij, combinou primeiramente o realismo ruso co romanticismo revolucionario. Presentou a condición humana dos marxinados, de forma comprensiva e favorable, a evolución da burguesía e o nacemento do proletariado. En 1899 uniuse aos activistas revolucionarios marxistas e en 1902 foi proposto para a Academia Rusa de Ciencias, pero foi vetado polo tsar. Participou na Revolución de 1905, polo que foi encarcerado a finais de 1906. Logo de viaxar por diversos países a fin de conseguir cartos para o Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso, adheriuse á Revolución de Outubro (1917) e colaborou na organización da vida cultural soviética. En 1934 presidiu o I Congreso de Escritores Soviéticos, onde se proclamou o realismo socialista. Da súa obra destaca Mat’ (A nai, 1902), un libro propagandístico sobre o espírito revolucionario dunha anciá campesiña; e as obras autobiográficas Detstvo (A miña nenez, 1913), V Ijud’akh (Camiñando polo mundo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Organizou varias sociedades secretas e manifestou as súas ideas nun proxecto de Constitución. Foi un destacado xefe da conspiración decabrista e foi executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor bielorruso. Das súas obras destacan o volume de poemas Navarce (De garda, 1940), de carácter patriótico, e as novelas Sustrenemsja na barykadakh (Atopáronnos nas barricadas, 1954) e Seradzibor (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atamán cosaco ucraíno. Foi un dos principais expoñentes do partido revolucionario ucraíno. Aliado con J. Piésudski (1920), loitou contra os bolxeviques e conseguiu ocupar Kiev. Expulsados os polacos de Ucraína, refuxiouse en París. Foi asasinado por un xudeu como vinganza polo pogrom acontecido en Ucraína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Funcionario do ministerio de Asuntos Exteriores, organizou un grupo intelectual en Peterburgo, de ideas socialistas. O grupo foi acusado de conspiración e desterraron ou encarceraron os seus membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de xadrez xeorxiano. Foi campión da URSS en 1959 e 1961, e campión do mundo en 1963 e 1969. Practicaba un xogo moi defensivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Patronímico da antiga dinastía dos vladicas (‘príncipe-bispo’) de Montenegro, iniciada por Danilo I de Montenegro (1697-1735), que fixou a dignidade episcopal na súa familia, dignidade mantida ata Pedro III (1830-1851). A dinastía culminou en Nicolao I de Montenegro (1860-1918), que obtivo a realeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático ruso. Investigou e publicou sobre a teoría de ecuacións en derivadas parciais, a teoría de probabilidades e as ecuacións diferenciais ordinarias. Foi condecorado coa orde de Lenin e recibiu diversos premios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sociólogo e escritor. Especializado en urbanismo, foi director do Archivo de Documentación de España Económica e secretario xeral técnico do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (1973-1978). Director xerente de Consultora Galega, escribiu Vixía os sables ao chegar febreiro (1995), Arredor do lume: contos do pote dunha outonía lonxana (1998) e No leme das lembranzas (2001), e en colaboración, O planeamento no mundo rural galego: un exemplo: O Plan Xeral de Ordenación de As Neves (1981) e El pazo de Oca (1984). Recibiu o Premio Nacional de Urbanismo (1981) e o Premio Galicia de Deseño (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro beneditino situado en Monforte de Lemos. Descoñécese a data en que se instalaron os primeiros monxes porque toda a documentación se perdeu nun incendio anterior a 1074. Sábese que na Idade Media recibiu doazóns de diferentes monarcas. En 1539 iniouse a construción do mosteiro actual, que pertenceu á Congregación de Valladolid. Despois de estar desocupado durante longo tempo, en 1920 instaláronse monxes vinculados ao mosteiro de Samos. A igrexa é de estilo gótico tardío e presenta planta de cruz latina con tres tramos na nave principal, tres no cruceiro e tres ábsidas. O claustro (1782) conta con tres corpos superpostos con cinco arcos de medio punto en cada lado. Os arcos do primeiro corpo descansan sobre columnas cadradas e os restantes sobre columnas xemelgas. A fachada é renacentista e presenta dous corpos. No primeiro está a porta principal, formada por tres arquivoltas semicirculares apoiadas en pilastras pegadas ao muro, mentres que o superior ten un frontón triangular cun...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Sober. Realizada no s XII en cantaría, ten planta de cruz latina e ábsida rectangular, cuberta cunha bóveda de medio canón. Na porta principal destaca o arco de medio punto formado por dúas arquivoltas e rodeado por unha moldura axadrezada e, sobre ela, un rosetón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante, irmán de Martín Alonso Yáñez Pinzón. Participou na primeira viaxe de Cristovo Colón ao mando da carabela La Niña. En 1499-1500 volveu a América e explorou o N de Brasil, as desembocaduras do Amazonas e o Orinoco, e parte das costas centroamericanas. En 1508 volveu ás Indias con Amerigo Vespuci, Juan de la Cosa e Juan Díaz de Solís para buscar un paso ao Pacífico, que non atoparon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido máis simple dos á-cetoácidos. É un produto intermedio no metabolismo dos glícidos e das proteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO