Pino, San Vicente do

Pino, San Vicente do

Mosteiro beneditino situado en Monforte de Lemos. Descoñécese a data en que se instalaron os primeiros monxes porque toda a documentación se perdeu nun incendio anterior a 1074. Sábese que na Idade Media recibiu doazóns de diferentes monarcas. En 1539 iniouse a construción do mosteiro actual, que pertenceu á Congregación de Valladolid. Despois de estar desocupado durante longo tempo, en 1920 instaláronse monxes vinculados ao mosteiro de Samos. A igrexa é de estilo gótico tardío e presenta planta de cruz latina con tres tramos na nave principal, tres no cruceiro e tres ábsidas. O claustro (1782) conta con tres corpos superpostos con cinco arcos de medio punto en cada lado. Os arcos do primeiro corpo descansan sobre columnas cadradas e os restantes sobre columnas xemelgas. A fachada é renacentista e presenta dous corpos. No primeiro está a porta principal, formada por tres arquivoltas semicirculares apoiadas en pilastras pegadas ao muro, mentres que o superior ten un frontón triangular cun van circular e un escudo debaixo del.

Palabras veciñas

Pino, O | Pino, O | Pino, pazo do | Pino, San Vicente do | Pinochet Ugarte, Augusto José Ramón | Pinocho | pinocito