Pinocho
Pinocho
[LIT]
Narración infantil escrita por Carlo Collodi e editada por vez primeira no Giornale dei Bambini (1880) co título orixinal de Le avventure di Pinocchio. Storia di un burattino. Nela cóntase a historia dun boneco de madeira que cobra vida e que vai descubrindo a diferenza entre o mal e o ben a través de diversos episodios. Ocasionalmente, ao mentir crécelle o nariz.