"Ya" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 670.

  • CIDADES

    Cidade do estado de Haryāna, India, situada entre Ambālā e Sahāranpur, á beira do río Yamuna (144.250 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade monetaria principal da República Popular de China, dividida en 10 jiao e 100 fen. A reforma monetaria de 1955 introduciu o novo yan min biao, equivalente a 10.000 dos vellos e cun cambio fixo en 2,46 yan min biao novos por dólar EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Jiangsu, China, situada a 40 km da costa (296.831 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso cisterciense. Foi un dos monxes que en 1966 reiniciaron a vida monástica en Oseira, onde é bibliotecario e arquiveiro. Colaborou en diversas publicacións e escribiu El monasterio de Oya y sus abades (1974), El monasterio de Osera (1980), El monasterio cisterciense y la villa de Santa María de Meira: síntese histórico-artística (1993) e Ferreira de Pantón: monasterio cisterciense en la Ribeira Sacra (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia orixinaria de Monforte de Lemos activa politicamente no s XIX. Ignacio Timoteo Yáñez Rivadeneira (Monforte de Lemos 1810-?) foi alcalde constitucional de Monforte de Lemos, vicepresidente do Consello Provincial de Lugo (1845), gobernador de Santander (1847) e de Ourense (1850) e deputado no Congreso (1840-1871). Os seus irmáns Manuel María Yáñez Rivadeneira (Monforte de Lemos 1812-?) e Matías Clemente Yáñez Rivadeneira (Monforte de Lemos 1814-?) foron deputados no Congreso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Líder militar chinés. Foi gobernador da provincia de Guizhou e en 1959 foi nomeado comandante da rexión militar de Pequín. En 1967, durante a RevoluciónCultural, foi destituído dos seus cargos, pero en 1973 comandou a rexión militar de Xinjiang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento luminoso, masculino e activo do pensamento chinés que se complementa co yin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico chinés, naturalizado estadounidense. Realizou investigacións en física teórica, partículas elementais e interaccións, algunhas en colaboración de Tsung- Dao Lee. En 1957 recibiu, xunto Tsung Dao Lee, o Premio Nobel de Física, pola demostración de que a lei da conservación da pariedade non é valida nas interaccións débiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Demo­crática Popular de Corea (14.317 km2; 628.000 h [estim 1987]). A capital é Hyesan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Myanmar e do estado homónimo (2.513.023 h [1983]). Situada ao O do golfo de Martaban, é un centro comercial e industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Myanmar (10.171 km2; 5.037.000 h [estim 1994]). A súa capital é Yangon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Shanxi, China, situada na rexión do Norte (362.268 h [1990]). Ten industria siderúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Jiangsu, China, na rexión do Leste, situada na ribeira esquerda da Canal Imperial (312.892 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Jilin, China, situada nunha área montañosa ao N da fronteira con Corea (230.892 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Shandong, China, na rexión do Leste (452.127 h [1990]). Situada na costa setentrional da península de Shandong, é un núcleo comercial, industrial e turístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de culto e de meditación tántrico, hindú e budista, que toma diversas formas de mandala e está cheo de simbolismos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Fushi Cidade do sheng de Shanxi, China, na rexión do Norte (113.277 h [1990]). Situada preto do Yanshui, está rodeada de outeiros de loess. Tras a Longa marcha (1935) establecéronse nela os exércitos comunistas, que a fixeron a base de liberación do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo yao.

    2. Individuo do pobo yao.

    3. Pobo bantú que habita ao S de Tanzania, en Moçambique, entre os ríos Rowuma e Lugenda, e ao S de Malawi. Cultivadores de algodón e millo, en Ma­lawi iniciaron o cultivo de tabaco. Están islamizados.

    4. Lingua bantú do phylum níxer-congo que fala o pobo yao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do fu de Osaka, na illa de Honshū, Xapón (276.421 h [1997]). Forma parte da aglomeración de Osaka--Kōbe.

    VER O DETALLE DO TERMO