"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • PERSOEIRO

    Político francés.   Foi ministro de Facenda nos gabinetes de Waldeck-Rousseau representando ao partido radical (1899) e de Clemenceau (1906-1909). Nomeado presidente do Consello en 1911, volveu ao ministerio de Facenda (1913-1914). Logo dunha campaña de difamación, a súa dona asasinou o director de Le Figaro, Cailloux tivo que dimitir no medio do escándalo. Acusado de axudar ao inimigo, foi condenado a tres anos de cárcere en 1917. Amnistiado en 1925, incorporouse ao ministerio de Facenda, que dirixiu ata 1940. No final da vida escribiu Mes mémoires (As miñas memorias, 1942-1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo e xornalista. Escribiu comedias satíricas como Le Roi (O rei, 1908), Primerose (Malvarosa, 1911) e M. Bretonneau (1914). Foi colaborador de Robert de Flers en moitas das súas obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago das Antillas, ao S de Cuba e ao NO de Xamaica, baixo a soberanía do Reino Unido (259 km2; 25.355 h [1989]; 36.000 h [estim 1998]). De orixe calcaria (coralina) está integrado polas illas Grand Cayman (23.881 h [1989]), Little Cayman (33 h [1989]) e Cayman Brac (1.441 h [1989]). Situado a 19° de latitude N e 80° de lonxitude O, en plena zona tropical, goza dun clima suave durante todo o ano. A súa capital é a cidade de George Town (12.921 h [1989]), na illa Grand Cayman. As súas principais fontes de riqueza son a pesca, con 615 toneladas en 1996, a maior parte de quenlla, o cultivo de cocos e o turismo. Esta última actividade, con 373.245 visitantes en 1996, reportoulle uns ingresos de 368 millóns de dólares USA ese ano. A moeda oficial é o dólar das Illas Caimán. O inglés é o idioma oficial. Cristovo Colón descubriunas en 1505 e chamoulles Illas Tartarugas. Posesión británica desde o s XVIII, dependía do gobernador de Xamaica ata a súa independencia. Daquela, as Illas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos aláudidos ao que pertencen algunhas calandras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar o 30 de xullo do ano 1000, preto de Calatañazor, na actual provincia de Soria, entre unha coalición de tropas navarras, leonesas e castelás dirixidas polo conde castelán Sancho García contra os musulmáns de Almanzor. Aínda que as tropas cristiás saíron derrotadas, a lenda converteu esta loita nunha desfeita musulmana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia fundada por Saturnino Calderón y Collantes , quen casou con Petra Herce Varela, da casa de Figueras de San Pedro de Folladela (Melide), unha importante casa galega con numerosos intereses e propiedades nas catro provincias e que contaba entre os seus membros con comerciantes, rexedores e marqueses. Este casamento permitiulle a Saturnino Calderón y Collantes colocar o seu irmán, Fernando Calderón y Collantes, como deputado polo distrito de Celanova, outra das áreas de influencia dos Herce. Da unión con Petra Herce Varela naceron dous fillos: Manuel Calderón y Collantes Herce e Pedro Calderón y Collantes Herce, herdeiros do posto de deputado por Ordes o primeiro e por Celanova o segundo. En 1875, o Rei Afonso XII concedeu o marquesado de Algara de Gres (Lalín) a Manuel Calderón y Collantes Herce en atención aos méritos do seu pai. Non obstante , a morte sen descendencia deste converteu o seu sobriño Pedro Calderón Ceruelo en segundo marqués de Algara de Gres, quen...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político conservador. Foi deputado polo distrito de Celanova, senador vitalicio, ministro de Gracia e Xustiza no goberno de O’Donnell (1865) e presidente do Tribunal Supremo de Xustiza. Foi membro da Academia de Ciencias Morales dende 1871 cun discurso sobre El derecho del estado para castigar y la legitimidad de la pena de muerte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político moderado. Foi deputado polo distrito de Ordes, procurador en Cortes, senador vitalicio e ministro da Gobernación durante o réxime moderado do xeneral Narváez (1843-1854), cargo no que se mostrou como un hábil diplomático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya, na comarca de La Selva (3.598 h [1996]). Importante estación termal en época romana, está explotada actualmente por dous balnearios e tres empresas envasadoras, que fan deste municipio o principal centro de embotellamento de auga carbónica de Catalunya (Vichy Català). A agricultura de secaño, a gandería (ovina e porcina), o sector téxtil e o metalúrxico son a base da economía. A igrexa parroquial de Sant Esteve conserva parte da súa construción románica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Desenvolveu o seu labor profesional como cámara e editor da produtora Iris-Ferrol, e exerceu como profesor de imaxe en diversos obradoiros para rapaces. Entre as súas obras destacan: A Sociedade de Instrución e Recreo de Fene; Fenestra; Evocando a Celso Emilio; 25 de xullo, día da patria galega; A arte románica en Galicia e A arte barroca galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casca da sobreira ou doutras árbores coa que se pode cubrir a colmea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Camiño estreito e fondo que hai entre dúas casas ou entre elevacións do terreo.

    2. Canle pola que baixa o gran desde a moega cara á moa onde se moe o millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona (8 Km2; 11.687 h [1996]). Cidade da costa mediterránea que contou cunha importante industria en xéneros de punto durante o s XIX. A súa economía baséase na agricultura (froitas e verduras) e no sector téxtil, ademais de ter un papel relevante o turismo, principalmente do N de Europa. Destaca a igrexa neoclásica de Santa Maria (s XVIII), as casas Galceran e Sivilla (s XVI) e a torre e a capela de Sant Elm (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas da familia das aráceas, perennes, provistas de rizomas e de follas grosas e ovais. As flores dispóñense nun espádice cuberto por unha espata curta e elíptica. Medran nas marismas do centro de América do Norte e cultívanse tamén en xardinería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto semisólido obtido do leite sometido a coagulación pola acción do labfermento ou doutros enzimas coagulantes, sen adición de fermentos lácteos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de callar ou callarse.

    2. Aplícase a un líquido como o leite ou o sangue cando calla e se solidifica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Traballou na BBC e no diario Correio da Manhã. Escribiu, entre outras obras, Assunção de Salviano (1954), Bar Don Juan (1971) e Reflexos do baile (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés. Militante laborista e sindicalista, foi chanceler do exchequer (1964-1967) e líder do Labour Party (1976-1980). En 1976 sucedeu a J. Harold Wilson como primeiro ministro. O seu goberno estivo marcado pola recesión económica de 1973 e polas malas relacións cos sindicatos, causadas pola austeridade das súas medidas económicas. Dimitiu a causa da vitoria conservadora nas eleccións de 1979 que levaron ao poder a Margaret Thatcher. Substituíuno á fronte do partido laborista Michael M. Foot en 1980.

    VER O DETALLE DO TERMO