"ovi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 688.
-
GALICIA
Economista. Foi subdirector da Escola Universitaria de Empresariais da Universidade de Vigo, dirixiu a publicación semestral Cooperativismo y Economía Social e presidiu a Asociación para la Economía Social. Publicou Un modelo teórico dinámico de comportamento do capitalismo (1986) e Historia da pesca e salgazón nos ríos de Baixos, dende as ordenanzas xerais da Armada de 1748 ao desestanque efectivo do sal de 1870 (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo ruso. Foi o primeiro en facer experimentos fisiolóxicos co cerebro e afirmou que os reflexos poden ser innatos ou adquiridos e que a aprendizaxe é de natureza asociativa; o pensamento, por outra banda, é para el un reflexo inhibido.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MUNICIPIOS
Municipio e capital da provincia de Segovia, Castela e León (54.368 h [2001]). Situada na bacía setentrional da serra de Guadarrama, tivo unha orixe militar pola súa localización defensiva na beira do Eresma. A súa economía baséase nas industrias metalúrxicas e químicas e no turismo. Desde o s XII foi un destacado centro lanar e de panos, vinculado á mesta, e en 1475 foi escenario da Concordia de Segovia. Participou no levantamento das Comunidades de Castela e no s XVII entrou en decadencia, situación que tentou superar ao crear a Real Compañía Segoviana de Manufacturas de Lana (1763). Do seu patrimonio cultural destaca a cidade antiga que, xunto co acueduto romano -que ata 1950 distribuíu a auga do municipio-, foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, a Casa de la Moneda (BIC, 2000), a igrexa parroquial de San Juan Bautista (2000), a igrexa da Vera Cruz (BIC, 1919), o Alcázar (BIC, 1931), a igrexa románica de San Juan de los Caballeros (BIC, 1931) -sede do Museo de los Caballeros-...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Castela e León, formada por 234 municipios (7.000 km2; 147.694 h [2001]). A súa capital é Segovia. O hábitat é concentrado e está centrado en pequenos núcleos. Ademais da capital destacan os núcleos de Cuéllar (9.230 h [2001]), El Espinar (6.353 [2001]) e San Ildefonso (5.093 h [2001]). Ten cultivos de cereais, gandaría e explotación forestal. A actividade industrial redúcese ás industrias de fariña, resina, mobles e plásticos.
-
PERSOEIRO
Guitarrista, marqués de Salobreña. Débeselle, en boa parte, o renacemento da guitarra. Debutou en Madrid en 1913, e posteriormente en París e Londres en 1924, e en EE UU en 1928. Realizou as súas primeiras gravacións en 1927. Numerosos compositores escribiron pezas e concertos para el, como Manuel de Falla, Ponce ou Turina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sentenza arbitral ditada en Segovia o 15 de xaneiro de 1475 que fixaba as responsabilidades respectivas de Isabel I (proclamada raíña de Castela o decembro anterior) e de Fernando, o seu marido -entón xa rei de Sicilia-, en canto á Coroa de Castela. A raíña reservábase a absoluta competencia en canto á distribución dos favores, cargos e rendas. Respecto á intitulación de documentos e á administración da xustiza, Fernando conseguiu ser nomeado en primeiro lugar e ter tribunal propio se se separaba da súa muller. A concordia tivo unha vixencia de tres meses, pois o 28 de abril de 1475, Isabel conferiulle ao seu marido plenos poderes para gobernar, rexer e dispoñer de Castela con completa autoridade.
-
-
Relativo ou pertencente a Segovia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Segovia.
-
-
PERSOEIRO
Escritor ruso. Considerado un dos clásicos do realismo socialista, da súa obra destacan os contos Gorod v stepi (A cidade na estepa, 1912) e Železnyj potok (O torrente de ferro, 1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Serie e época do Carbonífero mariño de Rusia, que está sobre o Viseano e baixo o Baxkiriano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización constituída en novembro de 1922 en Vigo por representantes do sector madeireiro da provincia. Desapareceu na Ditadura de Primo de Rivera.
-
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Abram Terc, exiliouse en París (1973). O seu ensaio Cto takoje socialističeskij realizm (Que é o realismo socialista, 1959) amosa o sinal da disidencia. Tamén destacan a novela L’ubimov (1963) e os relatos recollidos en Fantastičeskije provesti (Relatos fantásticos, 1961), inspirados por Hoffmann.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido viscoso e lubricante, composto por mucina e sales minerais, que segregan as membranas sinoviais das cavidades articulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á sinovia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor que se forma a partir dunha membrana sinovial, vaíña tendinosa, bolsa ou fascia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación das membranas sinoviais, especialmente das tendinosas.
-
PERSOEIRO
Poeta, teórico e crítico literario ruso. Foi o principal representante da escola formalista rusa, próxima ás correntes de vangarda. Publicou numerosos estudos sobre teoría literaria, como Voskresěenije slova (A resurrección da palabra, 1914) e Tristan Šendi Sterna i teorija romana (Tristan Šendi Sterna e a teoría da novela, 1921). Durante a década de 1930 adoptou os elementos da crítica oficial con obxecto de continuar a investigación formalista. Destacan Pamjatnik naučnoj osibke (Monumento a un erro científico, 1930), Tetiva. O neskhodstve skhodnogo (A corda do arco. A desemellanza do semellante, 1970) e Lev Tolstoj (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político ruso. Coñecido como V’ačeslav Mikhajlovič Molotov, en 1906 ingresou no partido bolxevique. Presidente do Consello de Comisarios do Pobo (1930) e do Komitern (1930-1934), en 1939 foi nomeado Comisario do Pobo e despois ministro de Asuntos Exteriores, e como tal asinou o pacto de non agresión xermano-soviética. Co inicio da destalinización (1956) foi destituído do seu cargo e expulsado do comité central do PCUS en 1957, e do partido en 1962. En 1984 foi readmitido no PCUS. Deu nome ao cóctel Molotov.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ondrej Braxatoris.
-
PERSOEIRO
Escritor ruso. Publicou a compilación Donskie rasskazy (Contos do Don, Premio Stalin 1926), Tikhij Don (O Don de plácidas augas, Premio Stalin 1941), unha das súas obras fundamentais; e Podn’ataja Celina (Terras cultivadas, 1932, Premio Lenin 1960). Foi membro do Sóviet Supremo desde 1946. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1965.
VER O DETALLE DO TERMO